Opinión

Un mundial é un mundial

Xa sei que algunhas veces eu mesmo critiquei ó fútbol do noso e no noso país, de que ás veces estamos de fútbol ata as mesmas entrañas. Pero, ai amigos, hai acontecementos, incluso futbolísticos, que merecen un seguimento especial. Porque, non me importa repetilo unha vez máis, a min gústame o fútbol. Gústame moito e procuro seguilo. E se o sigo durante todo o ano, como non vou seguir un Mundial! Son dos que vou intentar ver todos os partidos que poida e que se non consigo ver máis será porque non teño televisión de pago. Xa poden eliminar a España ás primeiras de cambio (acaba de inaugurar o Mundial cunha estrepitosa e, por que non dicilo, vergonzosa derrota ante Holanda por 1-5, que puideron ser máis), digo que aínda que non estea España, este menda seguirá nos seus trece de ver todos o que caian ante os seus ollos. Penso que bastantes, por aquilo de televisar gran parte deles pola noite, que non hai tanto que facer. E aínda que me levanto ás 7.10, este servidor non se perderá os das doce da noite… que rematarán ás dúas. É igual, ó día seguinte, de pé ante o canón. Un Mundial é un Mundial. Así, con maiúsculas. Porque nun Mundial sempre descobres cousas… xogadores que non coñecías, tácticas innovadoras, xente orixinal, detalles esperpénticos, risas e lágrimas.

Te puede interesar