Fernando Ramos
¿Quién miente: Marlaska o Margarita Robles?
[Nota: Artículo de Eduardo Blanco Amor publicado en La Región del 12 de abril de 1976]
Fai uns días, estiven a ver a don Ramón. Funlle a levar libros pra que llos firmase a unha desas familias, coasi anónimas, que dende o seu amor a Galicia téñeno, ainda mais que por sabio, por santo. Estaban coil o seu fiel Leuter e a viuva de Vicente Risco. Don Ramón facía decote da visita, espontánea e cordial tertulia. O seu estado físico aparentaba ser ainda levadeiro. Laiábase da perna “que se me torcóu de amiga en nemiga”. Sua palabra era como sempre animosa, agasalleira. Con tendencia invountaria, iba da realidade presente a afundirse no pasado, quizáis como nunha agarimada fuxida. Falaba da saude máis que como doenza como estética. As fluxións bronquiás, “ise noxo que no merezo”.
Eu pensaba nunha cronicidade lenta, e, xa que non con espranza, polo menos ainda lonxe da crise irremediábel. O nome de Fita, entraba e saía na conversa sin alonxarse de todo. Un tiña a certidume de que a vida lle estorbaba, que era un valeiro de soedade, unha carga inútil dende a desaparición da sua muller. Morre vintecatro horas dispois do primeiro aniversario de Fita.
Chegoume hoxe, espertóume, a intolerábele nova do seu pasamento. “Morreu don Ramón”, decíame o Caamaño por teléfono. Eu non respondía, non atinaba. Tiven o mesmo sentimento de inutilidá das palabras que, cando, fai vintecinco anos, deixounos Castelao, o outro noso grande irmán. Como arestora, tiven a intuición de orfandade, máis que no persoal, na orfandade en que queda a nosa terra.
Don Ramón, mestre de todos nós, en letras i en conducta, era o derradeiro testemuño dun fato de homes galegos escollidos polo sino pra seren misioneiros, en obra escrita i en aición vivida e dada a vivir, do erguemento, dende as suas cinzas, dista nosa terra posta por iles no enderezo da universalidade do seu esprito. O seu derradeiro libro chámase: Galicia, una cultura de Occidente.
O noso Ourense, queda apouvigado por unha máis entranábel e directa orfandade. Sin Vicente Risco primeiro, e agora sin Don Ramón Otero Pedrayo Ourense queda sin protagonismo propio nos traballos culturais da recuperación galega.
Tempo haberá pra estudalo, pra recuperalo, pra revivilo. Agora non queda máis que chorar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
¿Quién miente: Marlaska o Margarita Robles?
Luis del Val
Las mafias trabajan gratis
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Barrabás ou Xesús
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
La cesada
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Atención a los grandes dependientes
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Os políticos de Maceda poden facelo!
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 7 de agosto