Opinión

A cova do ladrón

Ano 1953. Limeres (Cerdedo). Son as dez da noite, ao avó deitárono facía máis dunha hora. O tío Pepe está no muro de fóra de conversa coas primas Avelina e Teresa . Ámbalas dúas viven co seu pai, enfermo dos pulmóns despois de traballar moitos anos nos altos fornos dos EEUU. Como en Galiza a tuberculose é endémica, as fillas cóidano coma se fora un tísico ao que lle quedan poucos meses de vida. Os rapaces teñen prohibido achegarse para evitar o contaxio do mal. A realidade é que ten a pneumoconiose dos mineiros (pulmón poeirento, coñecido como silicose). Mentres, os maridos están no Brasil aforrando cartos para que cando morra o vello poidan xuntarse todos e comezar unha nova vida. Os nenos finxen durmir, pero teñen os ollos abertos coma pratos; senten que a tía e a avoa están na cociña preparando os bocadillos de tortilla, de chourizo, de queixo e de touciño que ían levar ao día seguinte de excursión. Están moi alporizados e, para que non os escoiten, muiñan. Ao lonxe escóitase o ladrido dun can. Pode ser o cadelo das “cancelas”, aventurou Avelina estremecéndose de medo; é tan feroz que todos foxen del cando vai co gando á veiga do Bouzán para tornar as vacas da herba verde e protexelas dos lobos que andan moi esfameados e, cando se xuntan máis de dous, atacan incluso aos homes. Ao día seguinte erguéronse moi cedo, ás oito da mañá xa tomaran o almorzo, laváranse e o tío, coa axuda da Teresa, sacara o gando das cortes e berrando ordenou: “Levade o xantar, as cornetas no peito, as varas aguilladas, os sombreiros, as botellas da auga...” Despois de andar máis de dous quilómetros chegaron á Lomba, e mentres Teresa encargábase de tornar o gando, eles achegáronse aos montes da Chaira para a ver a Cova do Ladrón e escoitar o tío a razón pola que se chamaba así.

Ano 1942. A Chaira, Limeres. Era un día de festa e os mozos organizaran un baile para esquecerse da penuria en que se desenvolvía a autarquía na que os fascistas controlaban a economía, o traballo, as relacións amorosas... Estaban bailando na casa do pobo cando chegou o Lavandeira dando berros: “Os ladróns están roubando os cabalos do monte, temos que impedilo”. Todos os mozos foron ás casas para coller con que atacar aos ladróns de gando. Foron correndo aos montes da Chaira, onde pacían os cabalos do pobo. Cando chegaron, un mozo, Xesús, quedou vixiando diante dunha cova mentres os compañeiros perseguían aos bandoleiros; un deles estaba agochado no fondo da cova e vendo que só quedaba un mozo vixiando deulle un tiro e fuxiu. Nunca se atopou o asasino ni os seus compañeiros. 

La derrota de la república supuso el sometimiento del pueblo español a los dictados de los fascistas que controlaron y ejercieron con crueldad el poder durante casi cuarenta años. El historiador e investigador Carlos Barciela cita en su obra “Con Franco vivíamos mejor” dos crímenes de estado que son ejemplo del terror con que vivía la población española en aquellos oscuros tiempos: Juan Bautista Peset Aleixandre, médico, científico y rector de la Universidad de Valencia, fue fusilado en mayo de 1941 sin haber cometido ningún delito. Cristino García Granda, teniente coronel del Ejército francés por méritos de guerra contra la ocupación nazi de Francia, fue fusilado en 1946 en Madrid. España era una inmensa cueva de ladrones con poder.

Te puede interesar