Opinión

Boa esperanza

E que o noso Señor Xesucristo, e Deus noso Pai, 

que nos amou e nos deu consolo eterno

 e boa esperanza por graza, vos console… 

(2 Tesalonicenses 2:16)

Unha frase tan sinxela coma esa parecería un bo título para un libro, pero é unha certeza inquebrantable. Ás veces poñemos a nosa esperanza en moitas situacións que non se van cumprir, pero a Biblia fala dunha esperanza que non defrauda. As palabras lévaas o vento, moitas veces dicimos, pero a esperanza na Palabra de Deus é Fiel porque se trata de que Deus cumpre o que promete sempre.

Diso trata a segunda carta do apóstolo Paulo aos Tesalonicenses, abondando na seguridade dun feito que vai suceder no futuro: Xesús vai volver outra vez. Non sabemos o momento exacto, pero si as circunstancias que o acompañarán, e non cabe dúbida de que xa están a cumprirse.

Paulo, o escritor da carta, lémbranos que cando Xesús volva impartirá xustiza no mundo e, entón, todos terán que dar contas de si. Iso pode ser a mellor ou a peor noticia. Depende de nós.

Te puede interesar