Opinión

Ser diferentes

“Propúxose non se contaminar” 
(Daniel 1:8)

Nun mundo no que todos fan o que lles din, o medo aos demais, a influencia dos medios de comunicación e das redes sociais, o libro de Daniel fálanos de varios mozos que se propuxeron vivir dun xeito diferente.  

Daniel e os seus amigos foron quen de ser eles mesmos:  levados a un país estranxeiro, cambiáronlles os nomes, alonxáronos das súas familia, nunca máis poideron volver ao seu pobo,  mais propuxéronse vivir tal como debían, foran cales foran as circunstancias. Co paso dos anos Daniel non so chegou a ser o maior conselleiro do rei, senón que tamén mudou o mundo ao seu arredor. 

Por se fora pouco, Daniel profetiza e explica dun xeito perfecto o que vai a acontecer no futuro dos imperios, nos seguintes anos, e tamén o que sucederá un día coa morte e resurrección de Xesús e a súa segunda vinda no final dos tempos. Todo iso centenares de anos antes de que acontecera!

Te puede interesar