Opinión

A emoción

Xesús chorou.
(Xoán 11:35)

Algo propio do ser humano é a emoción. Por cousas alegres ou por cousas tristes. No texto bíblico de hoxe topámonos coaa dimensión humana de Xesús, que non deixa a ninguén indiferente. El era o Fillo de Deus e como ser humano sentía a dor que produce perder a un ser querido. O seu amigo Lázaro levaba xa tres días morto. Ainda que a morte non tivo poder sobre Xesús, que resucitou ao terceiro día, como home sufriu a tristura do pago da morte no seu amigo. O pago do pecado é a morte.

Xesús emocionouse noutras ocasións. Sempre por cousas tristes; por ver ás persoas lonxe de Deus. Tamén chorou porque amaba, e ama, a vida. O valor máis prezado que podemos disfrutar. Que podemos perder e nunca deberiamos quitar, pero que nunca poderemos devolver.

Te puede interesar