Opinión

Agardando o tempo

Por que se amotinan as xentes e os pobos pensan cousas vanas? Salmo 2:1

A curiosidade por descubrir o libro dos Salmos fai que vaiamos paseniño e de súpeto nos topemos cunha composición poética chea de profecía. Despois da pregunta do versiño 1 continúa decindo que son moitos os poderosos que queren anular o Reino de Deus. Ese Reino que nunca terá fin segundo o libro de Daniel. Eses reis, xunto cos príncipes, queren ter o control de todo, pois afirman : “Rachemos as súas ataduras e tiremos de nós as súas cordas”. Mais Deus, que ten todo o Poder (Omnipotente), agarda que chegue o tempo de actuar. A profecía di que : “rirase deles” e “ fará burla deles”. Cando a misericordia de Deus se esgote, actuará na súa ira. Pero primeiro está o amor de Deus. Agora é o momento, cando a súa graza actúa. O salmo acaba decindo” felices todos os que en Deus confían”. 

Te puede interesar