Opinión

Os alumnos que aman as matemáticas

Rematamos un curso no que aconteceron moitas cousas. Non foi un curso máis, pois cada ano é distinto e singular. Os grupos reducidos de alunos foron de moita axuda e os profesores de Pedagoxía Terapéutica tiveron un papel moi importante á hora de atender os apoios necesarios en cada caso. Poren, non podemos deixar de innovar. Os cambios xeneracionais pisan forte na nosa sociedade, as novas tecnoloxías mudan os hábitos lúdicos e continuamos aprendendo para incentivar aos nenos, mozos e adultos a descubrir un universo cheo de coñecemento para ser cidadáns libres. O reto que se nos presenta nun curso non deixa de sorprendernos. Por iso quero profundizar nunha materia concreta, facendo unha análise o máis obxectiva posibel.

O aprecio polas matemáticas é tan escaso como os recursos que temos para impartila. Se queremos achegarnos aos alunos non abonda con rebaixar os contidos curriculares, ou esixir os mínimos legais. Pode chegar a ser moi árida a prendizaxe se a concebimos como materia instrumental, sen máis. Todos lembramos os baixos resultados que Galiza tiña no informe PISA. Os nosos alumnos sabían moita teoría pero non se lles ensinaba a poñela en práctica. Estou cambiou ao aparecer as competencias clave e un currículo baseado nelas. Pero os cambios en educación son lentos, e aínda que os resultados melloraron, non vexo que o temario teña un fio conductor. Esto non é traballo das editoriais, senon do profesor. A función dinamizadora dos docentes non ten sustitución posible. Nesas relacións humanas créanse uns vínculos de traballo, que nunca poden suplir o traballo persoal, pero si pode e debe xerar unha inercia afectiva pola materia a estudar. Cando escoitei a frase: “Se un grupo de alunos non aprende, este curso teño fracasado” decateime que había moito de razón naqueles que decían que segundo o profesor que che de calquera materia, chegas a odiala ou amala.

Nese sentido porei o exemplo dun grupo de alumnas e alumnos de matemáticas que pasan agora ao Instituto. Os seus nomes ficarán no anonimato, asi coma o centro, no que cursaron dous anos esta materia, co mesmo mestre. Eles poderán verse identificados neste artigo e serán de exemplo para moitos que non acreditaban neles. Cóntanme que nun principio, facían de todo para que as clases de matemáticas pasaran pronto. Pero nen así. Aquello era horribel. Pasou algún tempo e as cousas foron cambiando para ben, a pesar de que o esforzo se incrementaba. Dinme que valeu a pena, porque ao entender as matemáticas un chisco, pouco a pouco xa as disfrutaban. O descubrir a Eratóstenes, o número de ouro ou o problema das pontes de Königsberg axudou a que a curiosidade potenciara o gusto pola matemática. Nos pequenos equipos de investigación discutiron e buscaron utilidade ao que antes lles parecía imposibel. Contánme que algúns seguiron o libro titulado “ O asesinato do profesor de matemáticas” do que é autor Jodi Sierra…,e non paran de relatar anedotas,…moitas anécdotas.

Todas estas mozas e mozos nunca esquecerán este curso que xa despiden. Pero o mellor será que a pesar das dificuldades, das xanelas abertas e o frío, das máscaras e os contaxios de Sars-Cov- 2, souberon pararse e topar algo que lles era oculto. Deste modo, amando as matemáticas teñen un mundo máis grande por descubrir. Os meus sinceiros parabéns, e grazas por me contar esta fermosa historia.

Te puede interesar