Opinión

A carreira das luces do Nadal

Preparados, listos… xa; comezou a carreira do Nadal. Parece que todos aqueles que non teñen ideias propias, queren a subirse ao carro dos demáis. É por iso que este ano adiantaron a festa do Nadal, xuntándoa coa celebración dos magostos. Este verao do San Martiño será unha boa oportunidade para comer as castañas e chourizos cheos de luz artificial. Porque o obxectivo e a esencia das festas é moi diferente noutros países que están cerca de nós. As festas son manifestacións de eventos do pasado, do presente ou referidos a algún producto gastronómico.

Lembro un artigo de Javier Becerra, nun xornal galego, que facía a pregunta retórica de se a festa era a escusa para comer, ou o comer era a excusa para a festa. Por suposto que ninguén sabe a resposta pero certo parece ser que nós somos máis de comer na festa para festexar logo que xa temos o bandullo cheo. De calquer xeito, chama a atención que en países como Israel, as festas son para ter presente a súa historia. Sexa máis antiga como máis cercana. Moitos pensarán que só teñen festas relixiosas, pero celebran as “festas modernas” nas que comemoran o fin da guerra mundial ou fan dó polas vitimas do holocausto. Nada que ver con nós.

Pero non por iso somos mellores ou piores que outros. As tradicións do noso pobo están presentes no entroido ou nos maios. Tamén nos magostos, e os problemas comezan cando perdemos a autenticidade e buscamos facer ruido. No Concello de Vigo, nada que ver co noso, tiveron a ideia de iluminar a cidade buscando que as persoas visitasen a cidade olívica. Coa iniciativa do alcalde Abel Caballero e a súa equipa de governo as cousas trabállanse paseniño, madúranse execútanse. Pois ben. A ideia orixinal está esgotada e outros, coma o alcalde de Ourense, cun governo e unha equipa que aparece e desaparece coma se fose o Guadiana, queren imitar, descafeinar ou montar sucedáneos das luces de Vigo.

Este ano a carreira do San Martiño estará tamén iluminada e supostamente, milleiros de visitantes visitarán Ourense para ver o espetáculo. Falta agora medir a cantidade de xente que virá, e os números de participantes na festa local. Porque noutros Concellos é día de traballo. Sería moi bo recuperar o día festivo dos maios, para potenciar esa festa na que non hai carreiras nen obstáculos, sendo unha tradición moi propia de Ourense. Con todo, as luces que iluminan as festas, nunca estarían de máis se elas non fosen as protagonistas, aquí ou en calquera outro lugar. O que acontece é que Ourense nunca destacou por importar modelos de fora. Temos ideias propias das que ben nos podemos gabar, e de seguir así, pouco a pouco han ficar no esquecemento.

Te puede interesar