Opinión

O Deus do Antigo Testamento

“Ensíname Señor o camiño dos teus estatutos, 

e gardareino até o fin” 

Salmo 119:33

Nunha ocasión un amigo quixo compartir comigo o seu pensar sobre a Biblia. Díxome que non lle gustaba nada o Deus do Antigo Testamento e que elexía o do Novo Testamento. No noso versiño de cabezeira temos unha boa característica de Deus. Cando o salmista deposita toda a confianza nos estatutos, leis, decretos ou mandamentos do Señor, sabe que non cambian. A fidelidade de Deus está asegurada en que non varía nen a lei, nen a santidade. Por iso podemos ver no Antigo Testamento a un Deus tan afastado do pecado, que aplica a justiza e o juizo sen reservas. Na mesma situación está no Novo Testamento, que nos mostra o Amor de Deus. Poren eses mesmos juizos aplicounos no seu Fillo, Xesúscristo, quen pagou o prezo por nós. “Ao que non coñeceu pecado, por nós fíxoo pecado, para que nós fósemos feitos xustiza de Deus nel”. 2ª Corintios 5:21. O Deus do Antigo tamén é AMOR.

Te puede interesar