Opinión

Iniciativas escolares no CEIP O Couto

Xa estamos encarando o final doutro curso. As memorias das actividades e o resultado do traballo de todo un ano apuntan a un modelo educativo centrado nas competencias clave e tan cambiante coas novas tecnoloxías, como criticado pola falta do consenso na Lei Orgánica relativa á educación. Pero vaiamos por partes, pois aproveitando os recursos da intelixencia artificial podemos subir no comboio dos cambios sociais, sen esquecer o fundamental: a dimensión humana e as áreas instrumentais. 

Hoxe toca falar de tres mestres exemplares do CEIP “O Couto”, os seus nomes son Lola Vázquez Portela, Ricardo Rodríguez Álvarez e Ana Belén Pérez Vázquez que desenvolven actividades que complementan os currículos de matemáticas e lingua estranxeira. Os seus alumnos destacan en concursos internacionais e deso imos falar con moito detalle. Trátase dunha empresa privada portuguesa que se dedica a proveer de material didáctico a escolas de primaria e institutos de educación secundaria. En decembro de 2007 créase a editorial Eudactica dedicada ao desarrollo de materiales didácticos destinados á estimulación da axilidade mental. Por outra parte, ten a representatividade exclusiva da marca portuguesa Supertmatik, que promove concursos internacionais mediante xogos educativos evolutivos que xuntan a estimulación mental e a diversión dos xogos de mesa. Desde 2005 e ao longo dos últimos anos, os profesores din que son unha excelente motivación para alumnos de 7 a 17 anos e no 2007 nacen os Campeonatos Escolares Supertmatik.

Por primeira vez neste curso os alumnos de 4º curso ( dous grupos) do Couto participaron no Campeonato internacional “Supertmatik” na modalidade de inglés. A súa profesora Ana Belén preparounos con esmero e entre os 13.550 participantes colocaron a 3 alumnas e 1 alumno entre os 8 primeiros postos. Na modalidade de matemáticas ( cálculo mental) presentáronse 48.750 participantes e os alumnos de Ricardo, que xa son veteranos, quedaron entre os 20 primeiros. Pero con independencia dos resultados, o obxectivo de que estas materias sexan atractivas para os alumnos, está máis que conseguido. As escolas e institutos teñen até o mes de xaneiro para facer a inscripción. Logo nas clases fan unha selección co programa que está na rede: http//www.eudactica.com, e os profesores din que son eles mesmos os que se autoseleccionan. Non existen rivalidades entre eles, porque teñen asumido que é un concurso e para practicar, o mestre Ricardo vai podendo retos de tempo para as operacións matemáticas. Cada clase é un reto, unha sorpresa, un xogo, unha nova ilusión. Pola súa parte Lola (que xa é veterana no concurso) imprime un plus especial que logrou incluir un alumnos entre os mellor clasificados.

A importancia do cálculo mental segue a ser unha asignatura pendente nos currículos xerais. O traballar este aspecto potencia o razonamento xeral e a memoria dos nenos. Pero hai máis. Estas actividades complementarias ao temario xeral fomentan o interés por aprender, reforza o interés lúdico polo ensino e favorece a convivencia na comunidade educativa. 

Despedimos outro curso académico e chega o tempo de lecer. Para ocupar positivamente ese espazo temporal, tamén temos que educar. O aburrimento é un compañeiro que convén ter moi lonxe de nós, e para mantelo “ á raia” basta con disfrutar cun cambio de actividade que nos alegre o día.

Te puede interesar