Opinión

As novas xerazóns musicais

Cando os gregos incluíron a música no Quadrivium, xunto coa xeometría, aritmética e a astronomía, sabían ben o que facían. A importancia da música ultrapasa as diferenzas que existen entre as novas xerazóns e adáptase ás mentalidades, costumes e expresións artísticas do momento. Iso non quere dicer que non existan xéneros musicais que perduran no tempo, porén outros moitos agroman cada vez que transformamos os anteriores. De aí as influencias duns e as innovacións doutros. Logo ven a aceptación e o respeito, pero ante os cambios, pouca xente é quen de asimilalos.

Como cada curso académico pido aos meus alumnos e alumnas que valoren as actividades e contidos que estudamos no aula de música. Sempre é bo coñecer o que os rapaces sinten cando cantan unha cantiga, tocan un instrumento musical ou escoitan algo máis que reggaeton. A chamada “música culta” resulta moi novedosa para a maioría, aínda que cando incluimos clásicos como Queen, Beatles ou Mecano, a cousa xa cambia bastante. Así, paseniño descubrimos as oríxenes da música electrónica, rap, jazz e folklore, sempre ao longo de varios cursos.

Este ano houbo unha novidade á que teño que fazer referencia. Pedín que cada alumno fixera unha pequena definición de música e os resultados foron moi sorprendentes. Cando a maioría expresa que para eles é un momento de relaxación, hai moitos máis que din: “-A música é inspiración para a miña cabeza.” “ -Para min a música é un hobbie do que quero aprender. Gústame moito compoñer cantigas, cantar, tocar instrumentos. A música clásica non é a miña música favorita, pero tomo en conta o esforzo dos artistas”. E resulta que ante o reto de escoitar a música doutras xerazóns os alumnos din: -“Ao principio, cando escoitaba a música clásica xa me aburría, pero desde este curso comezo a apreciala máis. Antes odiábaa”. -“Para mín a música é como explicar a sensación de liberdade. Que todos os meus problemas desaparecen. Todo o malo desaparece”. -“A música é para min algo que me axuda a ser eu mesma. Reláxame, motívame. Sen ella non sei que faría. A música clásica gustoume moito”. Por iso penso que o descoñecemento dos clásicos, encasillados noutras xerazóns, é un erro gravísimo. Cando paseas polas rúas de Munich, Berlín, Salzburgo ou Varsovia, topas todo tipo de músicos interpretando diversos xéneros musicáis, tamén clásicos. E isto de non ofertar ás novas xerazóns a música clásica, o jazz ou gospell é un erro que ten como consecuencia que sigamos inmersos nun analfabetismo musical como sociedade. Unha cousa é impor, e outra ben diferente é ofertar para que cada un poida elexir. O descoñecemento, incluso do flamenco auténtico ou do reggaton orixinal, limita a capacidade de educar o gusto pola música. 

Sen menosprezo de ningunha das definicións anteriores, para min fermosas e moi sinceiras, quero pechar este espazo con dúas das escollidas entre máis dun cento. Paula (6ºA) dí que para ella a música é fermosa e que lle gustou a música clásica. Para Valeria (6º B) é algo que alegra os seus días e que non podería vivir sen ella. Quizáis ambas sexan un resumo das definicións dos dous grupos de sexto que este ano deixan a escola. Una nova xerazón que conformará a nosa sociedade cun criterio musical diferente. 

Para todos os graduados deste ano, a miña homenaxe e os meus parabéns: “ Xa xabedes voar”.

Te puede interesar