Opinión

Novos retos

Neste curso académico van acontecer moitas cousas. A primeira de todas é a entrada en vigor dunha nova lei de educación. A comunidade educativa está afeita a estes cambios e non por iso está dacordo con eles. Certo é que a desfeita que a lei Vert provocou non se ha esquecer tan pronto nen tan facilmente, pero iso leva a que as que veñan detrás dela teñan que ter un consenso que non chega. Será que ninguén quere perder o poder para formar a unha sociedade ao seu xeito. Pero o certo é que cada vez se escoita máis que “os estudos non son coma os de antes”.

Non só as leis as mudan. O panorama educativo reflíctese cada vez máis rápido na sociedade e non se parece moito ao doutros tempos. A carencia de valores está presente en moitos estratos onde se mantiñan. Agora parece que a coherencia ou a sinceridade son signos de debilidade. Os países mudan de governo e os dereitos das persoas esfúmanse, con moito menos esforzo do empregado para conseguilos. Cal é a razón desta deriva?. Só sabemos que a través da forza militar en 20 anos de ocupación en Afganistán, a sabiduría non floreceu na mente dos moitos que aprenderon a vivir sometidos polas armas.

No panorama local acontece o mesmo. Os bloqueos sistemáticos duns sobre outros levan a que os cidadáns sufran o deterioro normal das instalacións, institucións e infraestructuras. E non se pode acabar co ciclo de bloqueos se non hai diálogo para chegar ao consenso. Lembro con tristeza a ocasión na que comezou todo este asunto na nosa cidade. Eran outros tempos nos que os problemas se solucionaban, ou en todo caso se abordaban a nivel político. Todo se enredou cando se esgotaron as vontades de debatir e de tentar resolver os problemas internos. Apareceron as denuncias no xulgado. Legítimas?. Pode ser. Innecesarias ? Non o sei, decidan vostedes. En calquera caso o paronama político viuse condicionado polo plano xudicial. Este modelo, que comezou nalgunhas comunidades autónomas como Catalunya, reproduciuse ao longo doutras até chegar ao mesmo Parlamento do Estado. Agora podemos ver que a ralentización dos asuntos desanima a algúns e asusta a moitos a entrar en política. Corren o risco de traballar moito e non conseguir nada de nada.

Os cursos político e académico xa están en marcha á espera de descubrir as novidades non previstas. Certo é que se fosen coñecidas non serían sorpresas, e son necesarias para chamar a atención de todos os que non soportan viver no aborrecemento. Poren sería desexable que a calidade de vida fose moito mellor, e para iso non hai solucións a curto prazo, senon existen políticas con altura de miras, cheas de honestidade, que cando non chegan tarde, é que nunca existiron.

Dedico este artigo a Jesús Vázquez Abad que deixou o curso político para reincorporarse ao académico.

Te puede interesar