Opinión

O amor de Deus

“Pero Deus demostra seu amor para con nós en que sendo aínda pecadores, Cristo morreu por nós” 

(Romanos 5:8)

Quen non quere ser amado? Quen despreza ser querido? Tantas veces ollamos persoas que botan en falta o amor!. Demasiadas veces vemos que a amizade non resulta, porque cando hai problemas, falta o amor e agroma o interés. Pois a Biblia nos di que o que motivou a Xesús a morrer por nós, foi o amor. O Pai amou ás persoas, dun modo especial. Tal foi, que pediu ao seu Fillo achegarse a nós; e morreu nun madeiro por amor.

Hoxe é o día de salvación se aceitas por fe ese amor de Deus. E para iso non é preciso falar de relixións. A decisión de seguir a Deus é persoal, sen intermediarios, nen sacrificios. Sen rezos, nen santos. Xesús pagou todo o prezo por nós. É un regalo de amor que non podes deixar.

Te puede interesar