Opinión

O evanxeo

“Logo de Xoán ser preso, Xesús veu a Galilea 
predicando o evanxeo do Reino de Deus” 

(Marcos 1:14)

A través das profecías podemos comprobar que Xesús cumpriu a súa misión nesta terra. Xoán foi quen o anunciou, e Xesús tiña o seu obxectivo ben definido: fazer a vontade do Pai. Para elo trouxo unha BOA NOTICIA, un novo Pacto, unha saída á esclavitude do pecado. Por iso ninguén pode perdoar pecados senón Xesús, que sanaba aos tullidos, daba vista aos cegos, e tiña a autoridade como Fillo de Deus. Sendo el mesmo Deus. O evanxeo foi malentendido por moitos. Algúns tomárono de excusa para conquistar reinos, matar inconversos, e encherse de diñeiro quitándollo aos pobres. Pero o evanxeo segue a ser actual pois fala de paz, perdón e amor. Para entender que o seu reino se achegaba ás persoas é preciso ter fe. Unha fe que vén polo ouvir a Palabra de Deus: A Biblia.

Te puede interesar