Opinión

O pobo de Deus

“Eu provocareivos a celos cun pobo que non é pobo; cun pobo sen entendemento provocareivos a ira” 

(Romanos 10:19)


A día de hoxe continuamos escoitando que Israel é o pobo de Deus. Nunca todo Israel foi o pobo de Deus, pero sempre houbo un remanente que seguíu a lei Mosaica. Despois de ser deportados a Babilonia e ser esclavos dos Imperios Medo Persa e Helénico o Imperio Romano arrasou o segundo Templo ( de Zorobabel) no ano 70 da nosa era; tal como profetizara Jesús anos antes,” non ía quedar pedra sobre pedra”. Pois ben, este pobo foi extendido por Jesús a todas as nacións. Jesús así o afirma en Lucas 19:9 : “Hoxe veu a salvación a esta casa, xa que el tamén é fillo de Abraham…” , falando da conversión de Zaqueo. Por iso podemos concluir que calquera que Nace de Novo é fillo de Deus e pertence ao pobo de Deus. Israel foi provocado a celos polos que non naceran en Israel. E para iso non compre ningunha relixión, só aceitar a Jesús Cristo no corazón.

Te puede interesar