Opinión

Quen son?

“Pero pola graza de Deus, son o que son…”  (1ª Corintios 15:10)

Entre todas as persoas que existen neste mundo comprometidas co evanxeo, podemos toparnos con algúns predicadores e con outros que fan moitas actividades: congresos, conferencias, estudos bíblicos ou campamentos para xóvenes e nenos. Saulo de Tarso ( Paulo) era un gran predicador e dinamizador, no seu tempo, da mensaxe do evanxeo. Hasta aquí todo ben. O problema aparece cando todas estas cousas non son dirixidas pola graza de Deus. O orgullo é froito da vanagloria das persoas e calquer traballo sempre debera ser por Deus e para Deus.

No salmo 147 topamos a resposta a quen somos nos nosos traballos. “Se o Señor non edificare a casa en vano traballan os edificadores”. Porque é pola graza de Deus que temos vida, intelixencia e capacidade para fazer, dicer ou escreber. É pola graza de Deus que chegamos a acadar metas que non podíamos imaxinar e compartir cousas que nunca esperábamos posuir, entre ellas: falar da abundancia dos nosos corazóns cando é a súa graza a que nos guía.

Te puede interesar