Opinión

Xurar no ministerio

Despois de moitas voltas, convocatorias electoriais, pactos de governo, debates e moita crispación, xa temos un presidente na Moncloa. Non foi sen tempo. Pedro Sánchez prometeu o seu cargo sen Biblia nen crucifixo e segundo o previsto, non xurou. Polo regular, só os conservadores son os que xuran o seu cargo sobre unha Biblia que non leron. Se a leran saberían que no Evanxelio de Mateo 5:34-37 di: “Eu, poren, vos digo: de modo algun xureis nen polo ceo, por ser o trono de Deus, nen pola terra, por seres estrado dos vosos pes... sexa poren a túa palabra: si, si; non non...”. Con esto, non podo afirmar de que os que prometen teñan lido a Biblia; con todo, penso que abonda coa Constitución se ao final, é o que se cumple, se se cumple.

Noutro apartado importante está tamén a ausencia, o mellor dito, a retirada do crucifixo. Nesta altura, representar ao protagonista do cristianismo, clavado nun madeiro, sofrindo e mesmo representando a morte, non parece moi dacorde co texto bíblico. Con bo criterio cantaba Antonio Machado nun dos seu poemas: “No puedo cantar ni quiero a ese Jesús del Madero, sino el que anduvo en la mar”. Dentro das interpretacións que fagan os especialistas, quero escoller a que fala dun Jesús vivo, que segundo as profecias bíblicas resucitou, está vivo e ha volver cando ninguén conte con El.

Non queda moito máis que destacar deste feito tan criticado por moitos, polo feito de que nunca se fixo así unha promesa ou un xuramento. E pensandoo ben, xa que retiraron a Biblia dun entorno político, quizais fose mellor que todos xuraran o cargo, pois as promesas estamos vendo que poucos as saben cumprir, ou no peor dos casos, non queren que llas recorde ninguén. Para iso inventaron a frase castellana: “Donde dije Digo, digo Diego”.

Te puede interesar