Opinión

O ABORTO E A VIDA

Se comezáramos a vida polo final, estou seguro que moitas das decisións xa tomadas serían revisadas, polo menos, coa mesma vehemencia que algúns as tratan de defender no presente. Do mesmo xeito comezarei a historia do xuiz Jefté polo epílogo, que ofreceu a súa filla en sacrificio, pola promesa feita a Deus de que quen fose recebelo ao regreso da batalla sería ofrecido en holocausto. Jefté sabía que esa promesa non cumplía a lei mosaica, pero non lle importou a vida de ninguén, até que ao final decatouse de que esa vida era a dalguén tan prezada coma a da súa propia filla. Daquela as cousas tornaron a ser moi diferentes ás previstas.


Algo así acontece coa polémica lei do aborto. Uns, que apostan pola defensa da vida, acusan aos outros, que pensan que se trata de un dereito de decisión adquirido polas mulleres neste século XXI, e estes últimos acusan aos primeiros de volver aos pensamentos pasados máis rancios e conservadores. Porén, ambos argumentos perden de vista a atroz realidad que é o aborto. Daquela tentarei resumir un problema que segue sen solución despois de tantos séculos de convivencia neste mundo, pois aínda que ninguén quixese fazer unha lei do aborto, a realidade da súa existencia é tan grande que supera ese desexo de ollar para outro lado. O que quero dicer é que a necesidade de intentar regular este problema é misión dos governos ante a demanda social que este acto xenera. O aborto existe e existirá por moito que estemos a favor da vida.


Os que defenden o dereito á vida acusando de asasinos aos que demandan unha lei reguladora, viven na hipocresía ao animar a non fazer nada ante os miles de casos de aborto que cada ano hai en España. A argumentación é difícil de explicar, cando desde o maxisterio da Igrexa de Roma se prohibe o uso de medios profilácticos coa fin de evitar embarazos non desexados ou sen querelo. Con eses argumentos perseguen ás mulleres que con escasos medios económicos non poden viaxar a países onde está despenalizado o aborto. Por outra parte, o aborto desde o punto de vista bíblico é quitarlle a vida a un ser humano. Desde a fecundación (salmo 139:14-15), a vida que só Deus poder dar, non se convirte nun dereito da muller a preservala ou quitala á vontade. Con todo, este argumento dos dereitos é moi usado por grupos de esquerda que pretenden chegar a ter unha sociedade máis xusta e máis digna, e por este obxetivo de igualdade, o aborto que é rexeitado socialmente (ninguén vai presumindo de que abortou?) pretende ser unha defensa á vida das mulleres que abortan, sen condealas a que vaian a hospitais clandestinos que semellan máis ser unha carnicería que outra cousa. A pesar diso, á lei de prazos, que segue a ser nefasta desde o meu criterio bíblico, ninguén foi quen de dar unha alternativa mellor e nestas seguimos.


Por último, gostaría de recuperar a historia de Jefté, pois aínda que non está directamente relacionada co aborto, faime lembrar a aqueles que se esquecen até que lles chega o problema á casa. E con lei ou sen lei, a decisión segue a ser persoal, pois ningunha lei obriga a ninguén a abortar, e mentras tentemos regular e restrinxir o aborto libre, o Estado seguirá sendo garante da vida das xerazóns futuras. Para iso a lei que tiñamos abondaba, pero polo visto había algúns que lles escocía, e por iso queren remexelo todo sen solucionar nada de nada. Eso sí, uns cantos han ficar satisfeitos a costa do sufrimento dos demáis sen pensar que en calquera intre pódense ver atrapados na rede das súas propias leis.

Te puede interesar