Opinión

Agobiados

A s noticias matinais relativas á prevaricación e corrupción son motivo de indignación por parte de aqueles que viven unha vida conforme ás leis que rixen a nosa sociedade. Parece que os acontecementos están dosifi- cados de tal modo, que fai que non poidamos asimilar todos os casos xuntos. Pero a pesar de todo, non vivimos no pais corrupto que nos queren amosar. Basta observar as institucións doutros países nos que a xustiza non funciona en ningún dos casos, e a renova- ción institucional é ciencia ficción. Aquí temos outro problema. Trátase de que despois da investigación e intervención policial, hai xuices que formulan as imputacións e até sentenzas firmes (coa correspondente pe- na de prisión), pero o diñeiro non aparece por ningures. Moitos destes individuos non pintan nada en prisión, xa que teñen a fachenda de declararse insolventes e, por tanto, válelles a pena pasar uns meses no “talego” para despois disfrutar do imperio gardado e expoliado a todos nós.

Dentro do grupo de agobiados existe un subgrupo integrado polos indignados. Estos románticos son un enigma de organización e discurso. Fundados no pensamento de Stephane Hessel, que publicou nun pequeno ensaio no 2010 no que se fala dos perigos do neoliberalismo, o movemento do 15-M xa forma parte das hemerotecas e da pouca memoria deste país. Indignados é unha cativa etiqueta no que tamén están integrados os que, nese estado anímico, non saben roubar ou non poden, porque nunca se lles presentou a oportunidade que agardaban. Lembro a algún que antes vivía do conto, no tempo das “subvencións para todos” e agora sofre o síndrome de Diógenes, xa que o paso seguinte ao acopio no consumismo compulsivo é a vida “hortera”. E sempre pasa o mesmo, os que creen ser ricos agóbianse por facerse máis ricos, ignorando o proverbio: “Hai quen pretende ser rico e nada ten”. Pero para destapar a caixa de Pandora están aqueles que fan de testaferros dos que nos governan. Hai poucos anos, exercían unha crítica destructiva ante calquera modelo de cambio e hoxe son títeres sen capacidade de decisión, convencidos de que a xustiza social está nas súas mans. Estou certo de que algunhas conciencias aínda se retorcen no interior, mais os seus discursos xa non enganan a ninguén. Estes “ultras das sombras” asoman a cabeza desde a sona de ser persoas íntegras, pero o poder fai que perdan os seus valores por “cao”. O medo deles é sair á luz, e nesas estamos..., pois repítese de novo a sentenza de que Roma non paga aos que traizoan aos amigos. Que llo digan a Pujol! Aí está o consolo dos agobiados: cando todos van a por eles. 

Te puede interesar