Opinión

A CULPA

Espero non sentirme culpable por culpar a aqueles que me culpen por escreber sobor da culpa. Xa me entenden. Postos a embarullalo todo o modelo que está a funcionar con extrema calidade e eficacia é: ante a culpabilidade, culpar aos demáis. Lembro nunha ocasión que un dirixente importante foi recriminado por un cidadán, por non recibilo no seu despacho, cando xa estaba farto de solicitalo por escrito e mesmo de esperar resposta. O político díxolle diante de moita xente que iso acontecera porque a culpa era dalgún funcionario que non o quería ben, e que tirara ao lixo as instancias nas que pedía audiencia. O home, que non esperaba tal resposta, ficou amouchado e logrou conseguir a cita que buscaba. Algo semellante ven acontecendo desde hai miles de anos. O home nunca quixo, nen quere, asumir a culpabilidade cando a ten que sufrir. En cada unha das situacións das nosas vidas sempre buscamos a alguén que carregue coas culpas. Non as queremos. E sempre que teñamos cartos ou poder, aparecerá algún 'chivo' que pague as que nós fixemos.


Neste sentido ven á miña mente a escena da condea a Gérard Depardieu no papel de Edmond Dantés, no film do Conde de Montecristo. Nesa ocasión houbo venganza dabondo, pero o que agora nos ocupa é a historia da culpa levada ao longo dos anos, sen restitución posible, dado que lle estragan a vida ao protagonista. E a actualidade lévanos repasar o caso dun empresario que culpa aos políticos de soborno, ou dun tesoreiro que supostamente untaba aos seus para que estivesen contentos?, e todos buscan a outros que xa non pintan nada, para que a xustiza non caia sobre eles. Neste punto hai ejemplos curiosos cando observamos aos nenos xogar. Eles oféndense moito cando alguén lles bota a culpa de algo. Din: 'culpoume', afirman ás veces entre bágoas. En moitas ocasións non teñen razón pero ao fin as consecuencias son pequenas. Porén, estos nenos grandes que se paseaban cunha pasta no peto, cando a maioría paseabamos para tomar o sol, teñen máis difícil pasar sen ser vistos, pois saben que moita xente xa está a pasar fame e xa ninguén vive no engado de se creer que é rico. As culpas viaxan a unha velocidade tan grande que haberá que medir se superan a da luz.


A mesma luz que queremos que ilumine aos que non cumplen coa sociedade e non teñen a sensibilidade de sofrir cos que sofren. A ignominia que lles poida acarrear sempre ten unha solución da que non gozan os pobres que enchen as listas do desemprego. Pero o que caro costa entender, segundo o meu criterio, é aqueles que ao longo dos anos, sempre defenderon a certas persoas, e hoxe póñenos na 'picota' por venganza persoal. A eses quero declaralos culpabeis, eu que non son xuiz.

Te puede interesar