Opinión

UN CURSO MÁIS...

Son moitos os elementos diferenciadores, neste curso que se achega ao final, e que fai que poucos poidan estar dacordo co título deste artigo de hoxe. Os cambios anunciados nos horarios dalgúns centros de educación infantil e primaria, os recortes a interinos do ensino secundario, a negativa á xornada única nalgúns centros condicionados polo transporte escolar, a reforma nos centros integrados de Formación Profesional e a supresión de plazas en comedores e transporte..., sen esquecer o incremento das horas lectivas aos profesores de Secundaria, fan que este curso fose especialmente movido. Mais se estes cachetes fosen pouca cousa, anúnciase a posta en marcha dunha nova Lei Orgánica en materia educativa. Unha lei que teremos que cumplir cando sexa ratificada polo Senado e aprobada no Congreso dos Deputados, pero que ten unha base ideolóxica que non comparten nais, pais, profesores e alumnos, e do que o Consello Escolar do Estado e o Consello Escolar de Galiza xa emitiron ditámenes contrairos á súa posta en marcha. Estou a falar da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa). Salvo ao ministro Wert e parte do seu governo, o borrador desta lei non lle gusta á maioría dos cidadáns, incluso aos que son votantes do partido que está no governo. En dita lei hai contradiccións que será de interés comentar, xa que nunha leitura superficial poden pasar por diante nosa sen decatarnos. Porei un ejemplo. As fermosas palabras que queren xustificar a nova lei falan de que os nosos alumnos son o centro e a razón de ser da educación, que todos eles teñen un soño e todos posúen talento. Estos dous elementos,? continúa decindo, son o potencial do noso país.


De certo que se as cousas fosen por esta vía, moitos apostaríamos por esta lei, que segundo o texto, ten claro o valor das persoas e as súas potencialidades. Pero o problema xa xurde no seguinte parágrafo ao afirmar que o talento ten que desenvolverse para convertilo nun instrumento de movilidade social, co fin de que axude a superar barreiras económicas, e que xenere aspiracións e ambicións realizables para todos. Continúa decindo con claridade que o talento é diverso na súa natureza, por iso hai que recoñecer nos alumnos as súas habilidades e expectativas, para crear un modelo educativo que contemple diferentes traxectorias. En poucas palabras?, se somos capaces de segregar aos alumnos brillantes dos que teñen dificultades, o fracaso escolar (según a nova lei) será menor. En vez de axudar aos que o precisan, este ministro quere telos localizados e apartados, canto antes mellor mediante reválidas. Se os que non rematan a educación primaria con éxito pudieran envialos á Formación Profesional dos anos 70, o número de fracasados sería menor, e o impacto estadístico tamén. Pero o atender á diversidade, como fixo a LOGSE e fai a LOE, non contempla un espazo físico para enchelo de alumnos que non seguen o rítmo da maioría, e que ven marcado polos currículos.Vostedes estarán a preguntarse, que facer con este alumnado? Pois é tan simple como necesario: hai que axudalos. Nos diferentes niveis a lei actual contempla os fondos de garantía social e os programas de cualificación profesional inicial (PCPI), evitando o abandono dos estudos. Ben é certo que a falta de financiación na nosa Comunidade, fixo que estes programas fosen de segunda división, pero as leis contemplaban alternativas para todos.


Coa LOMCE, otra vez, facemos caso a Europa. As competencias básicas propostas pola OCDE, que como xa veño comentando desde hai tempo, atenden ás metas de desenvolvemento económico, importándolle pouco a formación integral da persoa, fai que os alumnos do futuro sexan mercaduría, pois imos educar segundo os principios do sistema económico actual. (Esta definición quixen tomala de Alejandro Tiana Ferrer, catedrático de Teoría e Historia da Educación.)


Por todo isto, este curso que remata é atípico e especialmente cargado de movilizacións, protestas e manifestacións públicas, nun contexto social castigado polo desemprego, que condiciona o talento dos nosos alumnos, e o que é aínda peor, que fai que os seus soños sexan un nubarrón oscuro, de sombras que anuncian treboadas de emigrantes a unha Europa que fenece. E a pesar diso, seguimos tendo aos mellores profesionais do ensino a pleno rendimento, facendo en moitos casos o imposibel (como na educación infantil e na pedagogía terapéutica). Estos son os mesmos que nas próximas datas terán máis que gañados os seus días de ferias, e por isto, un ano máis, volverán sufrir inxustamente as maiores das críticas.

Te puede interesar