Opinión

DESPISTES FATAIS

Cada ano espero con ansia o Debate do estado da Nación para coller algunha desas frases que nos dan un titular que fica nas mentes e nas memorias por moito tempo. Este debate prometía ser un dos máis tensos dos últimos plenos no Congreso dos Deputados, e así foi. Con todo, quero destacar unha frase que penetrou con forza na mente dos cidadáns: 'Nos han robado la esperanza?'. Penso que sobra decir quen foi o remitente, ao estar seguros de quen foi o destinatario. Pero neste punto quero facer unha reflexión e recuperar unha conversa cun amigo periodista da nosa cidade. Vaiamos por partes. O meu amigo falábame da dicotomía entre a importancia da comunicación no ámbito local, coa difusión dos bens culturais, tanxibles e intanxibles, e a marabunta informativa focalizada na corrupción e na política. Relacionando os dous conceitos creo que a esperanza que nos queren roubar, ou que a algúns xa lle roubaron, pasa por atender só a temas que deberan ser tratados co rigor que a xustiza ten e sabe.


A construcción da nosa sociedade é tarefa de moitos sectores que agora non exercen coma antes. É posible que algúns lle boten a culpa ás familias, aos modelos educativos ou ás universidades, pero a formación para a cidadanía e para os dereitos humanos é un conceito moito máis grande. Desde os medios de comunicación educamos en valores e en cultura. Desde os centros de saúde educamos en hábitos positivos e prevención de enfermedades. Desde os servizos sociais educamos en cooperación e solidadariedade e, por poñer un último exemplo, desde a competición deportiva educamos en esforzo, dominio propio e desenvolvemento da potencialidades. Por iso seguir 'pasmados' cada minuto, esperando que aparezan sentencias que fagan escarmentar a aqueles que rouban diñeiro público, ou que supostamente trafican con sobres para ter contentos aos amigos, ademáis de producir unha indignación incontrolada en moitas persoas, fai que non nos ocupemos da educación integral da persoa. Estos despistes terán consecuencias sin precedentes e fai que pensemos que a educación é so necesaria nas etapas iniciais.


Penso que se estamos aprendendo toda a vida (esta frase está moito máis trillada que outras), estamos, do mesmo xeito, inmersos nun proceso educativo até o momento de deixar de existir nesta terra. Lembro que nos anos da carreira leín a Séneca e con el quero rematar hoxe. Dicía: 'De las demás artes? hay que aun los muy niños las han aprendido de modo que las pudieran enseñar; mas la de vivir, toda la vida se ha de ir estudiando, y lo que más se debe ponderar es que toda ella se ha de gastar en aprender a morir'.


Por iso, porque queremos vivir nunha sociedade cada vez mellor, a aprendizaxe do vivir ten que durar toda a vida, sen despistarnos en que todos os sectores sociais son pezas fundamentais desa pedra angular, vital e fundamental que a forma: cada un de nós.

Te puede interesar