Opinión

O DÍA DA BIBLIA

No día 10 de marzo de cada ano, a Sociedade Bíblica de España propón celebrar o día da Biblia. O obxectivo desta iniciativa é duplo: por unha parte destacar a centralidade que o libro debe ter nun cristián e por outra animar a súa lectura. A labor destas sociedades a nivel internacional é digna de encomio. Ademais de ocuparse da traducción da Biblia ás lenguas vulgares de cada país, teñen conta de manter unha versión que, reflectindo o orixinal con fidelidade, facilite que cada persoa se achegue ao texto con independencia da súa formación académica. En Ourense tamén se celebra o día da Biblia na iglesia protestante máis antiga da cidade. Dentro desa festa hai varias actividades nas que sempre está presente o texto sagrado. Entre elas destacan as historias dos colportores (antigos axentes das sociedades bíblicas, coma George Borrow ou R.C. Chapman). Tamén hai lectura de pasaxes das Escrituras e anécdotas do pasado. En concreto, aconteceu en Ourense en 1940 que un farmacéutico da Ponte Canedo, D. José Fernández Carnicero, xunto co seu amigo D. Pegerto Caride, leen ás agachadas unha Biblia que veu de Cuba nun baúl. Na rebotica, xuntos e sen axudas, comezan polas profecías de Daniel, fabulando quenes serían os que gañarían a II Guerra Mundial. Pasado un tempo, un visitador de farmacia de confesión protestante intervén no asunto, orientando aos dous amigos (lectores clandestinos), de que por ese camiño das profecías non ían chegar a moitas conclusións reais. Chegados aos evanxellos, as súas vidas mudarán radicalmente e xunto con outros formarían o segundo grupo protestante estable da cidade. O primeiro esmorecera no tempo, desde 1922 a 1928 aproximadamente.


Os comezos da lectura da Biblia en Ourense non foron doados. A ampla maioría católico romana non posuía o texto biblíco, e era a Igrexa a encarregada de interpretalo, seguindo as súas normas, os decretos dos pontífices, as resolucións dos concilios ecuménicos e a tradición. Calquera persoa que non tivese un profundo coñecemento de todos estos elementos, correría o risco de caer na temible herexía. Daquela, esta palabra era grande dabondo para tapar a curiosidade de calquera que quixera seguir vinculado a Igrexa de Trento. Este feito foi mudando paseniño até o Concilio Vaticano II, pero resulta moi curioso que xa moito antes a Igrexa católica celebraba o Día da Biblia. Deste feito podemos dar conta en publicacións sen sospeita de ser tendenciosas como a revista 'La Cruz'. Paradóxicamente tamén se poden ler nas súas páxinas escritas case en solitario por León Carbonero y Sol, a aprobación da queima de biblias protestantes.('Los católicos españoles prestarán un gran servicio a la Religión, quemando cuantas biblias protestantes caigan en sus manos'. 'La Cruz', tomo I de 1.854 páxinas 133-136.) Eran outros tempos?


A día de hoxe podemos aprender do pasado e vivir a tolerancia con liberdade, arredor da Biblia. Os grupos de estudo bíblico non son patrimonio de ningún grupo religioso e mesmo existen edicións ecuménicas da Biblia, pero estou seguro que se eses estudos ultrapasaran a teoría para se convertir en realidade, a unidade dos cristiáns estaría máis cerca da Biblia que das tradicións que non permiten esa apertura ás xentes do século XXI. A actualidade da Biblia corresponde en sentido directo coas necesidades espirituais do home, que a pesares dos avances científicos, tecnológicos e mesmo cibernéticos seguen sendo os mesmos. Por iso os pobos celebran o Día da Biblia, porque a súa interpretación continúa a ser un enigma para algúns, e segundo as palabras de Jesús: 'A vós parécevos que nela tedes vida eterna, máis ela da testemuña de mín'.

Te puede interesar