Opinión

ESCRAVOS SATISFEITOS

Oretorno á normalidade social no noso país faise o remolón. A pesar das movilizacións continuas das diferentes plataformas, esto é: preferentes, stop desahucios ou sector lácteo?, por citar algúns, a engranaxe económica non da síntomas de recuperación, posto que a solución non pasa por berrar moito ou estar todo o día nas rúas. O proceso de creación de emprego depende dun modelo capitalista, que é polo menos tan inxusto como a vida na súa esencia e existencia. Partindo desta premisa, todo xira en torno ao sistema financieiro e está en función das empresas asentadas no territorio, que xeneran riqueza desde a nova perspectiva global do mercado internacional. O formato da micro-empresa familiar está en declive, e o problema é que seguimos pensando que se non hai diñeiro no barrio, non temos a quen venderlles a nosa producción. Creo que a mentalidade do minifundio sigue presente na nosa terra, e polo visto é exportabel ao resto das comunidades autónomas, salvo ás dúas de sempre. Xa me entenden.


Por outra parte, os sindicatos viven os seus días máis duros desde o comezo da democracia en España. Contrariamente ao que nos queren facer ver outra cousa, son organizacións imprescindibeis para que os plans dos governos teñan un formato digno en materia de emprego, pois estamos a falar de seres humanos que traballan, e non de máquinas que precisan mantenimento. Tentarei explicarme. A actual reforma laboral é excelente para crear postos de traballo como na Alemaña, que os traballadores extranxeiros son acollidos cun horario de 7 horas diarias (incluindo as clases de alemán) e un salario mensual de 400 euros. Deste xeito, pensar que emigrar é a solución dos tempos pasados só conduce a enganarse a un mesmo sen moito esforzo. Por tanto, cando o emprego comece a medrar, os sindicatos comezarán unha renovación interna que hai tempo estaba na mente de moitos. A 'quase' empresa sindical, estaba chea de enchufes e amiguismos propios doutros grupos que saben ocultalo, e en calquera caso, os sindicatos non serían sospeitosos desas prácticas que atentan contra a clase obreira. Con todo algúns como a FETE- UGT (federación do ensino) xa comezaron a peneirar o gran da palla ao decatarse que dando tumbos estaban condeados á desaparecer en Ourense (coma xa aconteceu no Barco de Valdeorras). Decisións tan habituais coma atender a liberacións de profesores con destinos lonxe da capital, ou velar polos intereses individuais sen atender ao potencial dos seus afiliados e simpatizantes, fixo que todos os proxectos dos anos 90 fosen esquecidos e desatendidos. Por eso, decía que cando o emprego medre (ou a esclavitude sexa unha realidade) a acción sindical terá que voltar aos tempos de Pablo Iglesias, Víctor Fraiz (mestre represaliado), Julian Besteiro ou de tantos outros heroes sociais que deron as súas vidas polos nosos dereitos.


A esclavitude vista desde hoxe é unha barbarie total, pero se chegamos a afacernos a ela, poderemos vela con mellores ollos e até teremos argumentos que a queiran xustificar. Cada día hai máis xente que pensa que é mellor comer quente a calquera prezo, que vivir na rúa. Lembren vostedes que na antiga Roma había escravos que non querían ser libres. ¿Chegaremos a eses límites? Espero que a xerazón máis preparada de toda a historia do noso país poña freno a iso nos futuros procesos electorais, xa que o comezo de toda loita sempre foi da man da xuventude que sabe o que quere, e non quere a quen sabe esclavizar aos demáis, aínda que sexan esclavos ben mantidos, e por tanto, satisfeitos.

Te puede interesar