Opinión

HISTORIAS CRUZADAS

Sempre chaman a miña atención os titulares da prensa escrita en papel. En canto á prensa dixital, direi que como ten moitos recursos para comentar e enriquecer a noticia, o meu interés céntrase máis nos medios audiovisuais que na propia redacción en si. Con todo, as fotografías de calquera soporte, que mostran a barbarie na maratón de Boston, son dunha dureza enorme. E un sempre pensa que estas situacións acontecen moi lonxe de nós, até que nos tocan de cerca. Mil e unha historias reais poderían contarse por moitas víctimas de atentados neste país, o que acontece é que a memoria é moi fraxil, e demasiado pronto pasan ao triste e inxusto esquecemento. Noutros casos que tamén considero atentado, como o de Marta del Castillo, a historia sigue presente no eslogan 'Todos somos Marta', porque desde o ano 2009 aínda non apareceu o seu corpo. No seu asesino condeado, hai tanta maldade acumulada, que a súa ocupación é ningunear á familia e as forzas de seguridade, lanzando versións contradictorias e falsas, ás que algún día habería que poñerlle fin dunha vez. O grado de credibilidade a estas alturas é simplemente nulo, e a finalidade do caso apremia tanto como o descanso da familia. Non así a memoria da víctima que debe estar presente?, e nesa liña de pensamento continuo. As escenas de terror cheas de sangue en Boston, feridos de dor con membros amputados, familias truncadas, choros, berros de impotencia e confusión, tanta confusión xunta, fan que o ser humano teña aínda pendente a asignatura de coñecerse a si mesmo. A acción dun perturbado mental non chega a estes límites, onde os artífices das bombas tiñan como obxectivo matar e destruir, carregando todo con metralla asasina, nun entorno festivo e deportivo dunhas familias inocentes.


Pasarán os días e todo ficará no esquecemento, salvo para aqueles que levan enriba as pegadas da catástrofe, as cuais poderán convertirse nun motivo de ignominia social. E xa se sabe, a inxusticia ten moitas cores e formas, o que fai que esqueza o nome do cónsul español en Boston (xa fulminado do seu cargo), pois con servizos deste tipo excusamos consulados. Pero sen buscar moito na miña mente, lembro con tristura a unha persoa anónima no ano 2001, nos atentados das torres de New York que mostraba o seu lienzo branco pola xanela, sen poder salvar a súa vida. Do mesmo xeito, nesta tráxica ocasión, un neno que esperaba ao seu papá na meta da maratón de Boston para abrazalo e que non contaba con encher algúns titulares da prensa internacional, deixaba a súa vida con tan só 8 aniños. Vidas truncadas en historias cruzadas no tempo, e calquera excusa sen xustificación permitirá que sigan sucedendo unha e outra vez neste universo coñecido por estar ateigado de conflictos. Por todo isto penso que se aínda somos capaces de chorar cos que choran, de sufrir cos que sufren e de axudar aos que o precisan, sen esquecelos co tempo, o valor da vida terá polo menos a mesma importancia nos demáis que en nós mesmos, sendo deste modo máis doado loitar por unha sociedade globalmente mellor.

Te puede interesar