Opinión

LAPSUS MEMORIAE

Antes de que a Historia existise, tal e como a entendemos, a humanidade sempre quixo loitar contra a tragedia de que as xerazóns seguintes non tivesen razón das anteriores, e dicer, que non se estraviaran no decorrer dos tempos. Na Prehistoria hai moitas evidencias de culturas que nos precederon e, grazas a iso, son para nós de interés, de estudo e investigación. Un lapsus memoria, ou sexa, un erro de memoria, pode ser un problema de fácil solución se somos capaces de apuntar, recoller e gardar con coidado, todos aquelas experiencias que queremos que non se perdan cando nos chegue o tempo de mudar de actividade, como por exemplo, a jubilación.


A memoria destacou durante moito tempo nos ámbitos universitarios e académicos. Existen algunhas persoas que ao posuir esta capacidade nun grado excepcional, lograron postos en facultades e na política, que fixo que outros mandasen por eles, xa que a capacidade de creación e improvisación non ía parella coa memorística. En definitiva, varias xerazóns foron pasando por unha educación ao marxen do razoamento inductivo e da creación artística. A pesar de todo isto, houbo persoas que no seu día foron capaces e quixeron manter viva a memoria do seu traballo, e por iso hoxe sabemos máis da nosa idiosincrasia galega. Sen presumir de grandes dotes de memoria, pensaron nos demáis: o pobres da terra e das aldeas galegas.


Foi unha delicia o día 13 deste setembro que nos leva ao outono, escoltar ao autor de 'Memorias dun neno labrego', contarnos sen esforzar moito a memoria, por que quixo prologar o libro de seu benquerido médico estradense Manuel Reimóndez Portela, titulado 'Un médico na aldea', no que conta con detalle nun tono humilde, con grandes doses de humor, as súas memorias ao exercer como médico na aldea. Este libro reeditado por Edicións Fervenza xa ten as características dun libro clásico da literatura galega. No ano 1992 fora editado por Edicións do Castro, e no seu rexurdir as ilustracións son de Xosé Vizoso. Unha boa obra de 71 historias, con vocabulario incluído, para non esquecer quen fomos na antropoloxía, na historia e na mediciña.


Dedico este artigo a Luis Reimóndez,


o fillo do autor do libro.

Te puede interesar