Opinión

A RECUPERACIÓN CULTURAL OURENSANA TEN NOME

No texto do médico e evanxelista Lucas, no seu capítulo 16 e versiño 10, leo con atención: 'Quen é fiel no pouco é fiel no moito, e quen é inxusto no pouco é tamén inxusto no moito'. Párome a pensar un chisco e doulle voltas á cabeza na interpretación que podemos dalle á frase, nun contexto interesante sobre a historia dun mordomo inxusto, e resolvo profundizar nos conceitos de fidelidade e xustiza. A fidelidade aplicada á confianza que os cidadáns depositaron nunha persoa para que exerza a xestión dos bens públicos (e que se ve recompensada pola constancia dela no cumplimento das súas obrigas) ou a xustiza entendida como virtude ou capacidade de dar a cadaquén a o que lle corresponde e merece, é o que estou a percibir coa recén estreada concelleira de Cultura, Ana Garrido. No pouco tempo que leva no seu posto, aposta polo traballo a reo e por exercer esa xusta fidelidade que os cidadáns merecemos. ?A primeira proba superada da concelleira puidemos vivila coa organización perfecta da Cabalgata dos Reis. A selección musical das carrozas con panxoliñas ou temas clásicos como o 'Aleluia' do oratorio do 'Mesías' de Haendel, a 'Sinfonía dos xoguetes' de Leopold Mozart, ou 'Orfeo nos infernos' de Offenbach, tornou todo nun desfile especial e máxico. A chegada á Praza Maior foi tamén especial e chea das emocións dos máis pequenos. E resulta que os coordenadores (María Díaz, Sara Outeiriño e Manuel Freire), traballadores infatigabeis e fabulosos do Concello, siguen sendo os mesmos de sempre pero con outra dirección. Resulta moi difícil chegar á Concellería de Cultura e supoñer que os técnicos che van facer o traballo sen dar as pautas xerais a realizar (o seu traballo é facer, non decidir). Por outra parte, sería devastador, como aconteceu en épocas anteriores, coartar a liberdade dos técnicos e fiscalizar decisións simples, pero necesarias, que afectan ao desenvolvemento final da actividade; co equilibrio demostrado nestas datas, todo apunta a que a recuperación cultural de Ourense seguirá polo camiño que ten que andar.?A etapa da anterior concelleira do BNG non foi mala. Puxo en funcionamento moitas iniciativas que no ano 2007 estaban inertes, cando a desesperación daqueles tempos potenciara o inxenio dalgúns e iniciativas privadas como as do Liceo de Ourense salvaran a dinámica cultural da cidade. A Concellería de Cultura, que semellaba non existir, Isabel Pérez fixo que reaparecese. Na actualidade observo que moitas das actividades que funcionaban ben, siguen adiante. Estamos afeitos a ver que cadaquén que chega, desfai o que se facía ben, e como Ana Garrido entende que nunca estiveron os tempos para estragar as cousas boas, creo que seguir a política de recuperar a cultura ourensana terá réditos positivos para todos nós. É por iso non podo comezar o ano sen ter a certeza de que a concelleira de Cultura levará adiante proxectos novedosos e de interés para todos. Xa o demostrou no campo educativo, onde se desenvolve con seguridade como boa docente que é, potenciando o funcionamento do Consello Escolar Municipal. Agora que é titular das dúas concellerías non podo deixar de revindicar a recuperación do Consello Municipal de Cultura, aniquilado polo Partido Popular, e ignorado polo BNG. Os que traballaron en equipo sempre tiveron máis ollos para ver o positivo e escorrentar o ruín, por iso animo a que a xenerosidade dos ourensans teña un hoco nese órgano consultivo que axudaba a que todas as asociacións culturais tivesen voz. Os seus detractores afirmaban que non valía para nada, pero a fidelidade e a xustiza coas que comenzaba este pequeño artigo, nunca se reflectiron como agora, na vella Auria. Os meus parabens para Ana Garrido e o seu equipo polo seu traballo e dedicación.

Te puede interesar