Opinión

DOBRE PONTE NA FINCA SEVILLA

Denominada popularmente como 'carretera vella a Celanova', a actual estrada provincial OU-517 ten o seu inicio na rotonda circulatoria situada sobre a N-525, á altura do barrio de Santa Eufemia. A pouco do seu encomezo, tras cruzar o cercano río Barbaña pola ponte que se describe, se dirixe cara á capitalidade do Concello de San Cibrao das Viñas, continuando polos pobos de Vilanova, Soutopenedo, A Merca, Ponte Fechas, Fechas e Bobadela, ata o seu entronque ca autonómica OU-540, a altura de Vilanova dos Infantes, para axiña achegarse ata a vila de San Rosendo, en Celanova.


Se descoñece a data exacta da construción da devandita estrada, aínda que, trala consulta da guía de Mandoz, nela se recolle unha cativa referencia a esta vía de comunicación provincial de unión entre os diversos pobos existentes próximos, tanto da capital de provincia como de Celanova. Co paso dos anos, a súa conservación fíxose tan deficiente que non permitía a circulación de dilixencias nin de carros, ata que, no ano 1922, se efectuaron diversos arranxos que permitiron o doado paso de vehículos a motor e, entre eles, o do autobús que cubría a liña entre os pobos de Ourense e Celanova.


Esa carencia de datos non permite fixar con precisión a data exacta desta construción que salva o canle do río Barbaña; nembargantes polo tipo de obra, a utilización dos diversos materiais ó que se suma o estudio das diversas características técnicas construtivas, permite fixar a súa cronoloxía nos comezos do século XIX. A obra a forma unha ponte de cantería ben asentada na canle do río, na que se abre un só oco de medio punto, de tipo escárzano, ergueito a unha altura de cinco metros sobre o nivel das augas. Por riba transcorre unha estreita calzada coincidente co ancho da ponte, cun só petril de protección en pedra, na actualidade parcialmente cubertos pola maleza existente na zona.


Ca creación do recinto de feiras e exposicións do Pazo-Expourense, ante a demanda dunha solución máis áxil no tráfico existente na zona, ó que se sumou a necesidade urxente de sanear ámbolos dous marxes do río Barbaña, se desdobrou o antigo trazado da ponte, o que permitiu ampliar o ancho da vella mediante o ensamblado dunha nova, pasando a acadar a calzada uns 16 metros máis de superficie circulatoria, o que permitiu a existencia de diversos carrís: dous en sentido de circulación cara a Ourense, de 6 metros de ancho cada un, e outro, de 4 metros, en dirección contraria, ámbolos dous acompañados por sendas beiraestradas de dous metros de ancho, protexidas por varandas metálicas. Datos aportados polo departamento de Vías e Obras da Deputación Provincial de Ourense.


O sistema de iluminación da ponte corre a cargo de catro báculos, de dobre brazo, que sosteñen sendas luminarias dunha potencia de 250 w, traballando a unha tensión comprendida entre os 220/230 voltios.

Te puede interesar