Opinión

Fiestra aberta cara a Portugal

Os espacios protexidos, entendidos como lugares catalogados como tesouros naturais dentro do que aínda se pode disfrutar plenamente da natureza no seu estado máis puro,  están a conquerir na actualidade unha enorme importancia no mundo actual.
O seu papel é sobranceiro xa que, por unha parte xoga un destacable papel como  centro de investigacións e posta en práctica dos coñecementos adquiridos noutras  datas; doutro, como espacios singularmente relevantes, serven de plataforma para a  comprensión e entendemento dos procesos ecolóxicos e socioeconómicos existentes nun  determinado lugar. Por outra banda non debemos ignorar o desexo cada vez mais común  de todos os cidadáns de ocupar o seu espacio de ocio ca practica dun turismo diferente;  dun turismo máis en contacto ca natureza que sexa acorde e respectuoso con ela, o que  esixe un maior nivel de formación para o promotor ou guía do mesmo como ferramenta  útil de uso recreativo, educativo ou docente.


A comarca da Baixa Limia na que se sitúa a Serra do Leboreiro pretende acadar a  categoría de Parque Natural, sendo o máximo expoñente do recinto a Mota Grande do Penagrache, conxuntamente con Lobaqueiros maila Pena de Anamán, situada a 1.300 metros de altitude, xa en terras portuguesas. A zona conta con un interesantísimo Patrimonio Arqueolóxico constituído tanto pola presencia tanto de mámoas como dolmens, algunhas delas parcialmente escavadas e outras non, que afloran na morfoloxía deste alto relevo compartido por varias parroquias. A Mota Grande maila pequena ademais de diversas outras, materialmente acochadas pola natureza, son dignas de visitar por todas aquelas persoas interesadas no coñecemento dos espacios naturais. Pero no só será a xeoloxía, xeografía, etnografía mailo habita os diversos puntos de atracción turística desta zona sino tamén, quen se achegue a coñecela permitirá ampliar un chisco mais o coñecemento maila evolución da súa dilatada histórica desta fermosa zona singularmente vencellada co noso pais irmán, Portugal.


Dende os encorados ríos Salas e Limia ata as altas cumes nevadas do Leboreiro, nas penichairas adurmiñadas, onde só se escoita o silencio mailo ulular do vento, as mámoas nos falan, nun linguaxe do silencio, a vida dos nosos devanceiros asentados nestas feraces terras, dende fai cinco mil anos, constituíndo mudas testemuñas do paso do ser humano dende o período paleolítico ó neolítico; as súas crenzas, formas de vida, etc. Tamén foron lugar de enfrontamento ao longo de diversas épocas con ocasión das guerras fratricidas sostidas con Portugal e, máis recentemente, a mediados do século XX, como lugar de intenso paso relacionado co contrabando entre ambos estados veciños.
O Concello de Celanova, Verea mais o de Bande tentan dinamizar este importante Patrimonio Natural por consideralo como un excelente reclamo turístico maiormente demandado por todas aquelas persoas que buscan a tranquilidade mailo silencio, no seu estado máis puro. Sen esquecer, por outra banda, a posta el alza e estudio daqueloutros valores: etnográfico, arqueolóxico e histórico que acocha estas altas terras; en definitiva a posta en marcha do que se deu en denominar como o turismo sostible concebido para a súa axeitada xestión de tal forma que permita satisfacer amplamente tanto as necesidades económicas como sociais e culturais desta zona. Eso si, sempre respectuosas cos procesos ecolóxicos maila diversidade biolóxica, ademais de respectar os sistemas básicos de sostemento da vida do entorno, tal e como se recolle na normativa europea da Organización Mundial do Turismo (O.M.T.).

Te puede interesar