Opinión

Parque Angelita Varelailoira

A mellora na calidade de vida, a potenciación tanto de uso como do disfrute do Medio Ambiente; a recuperación dun espacio degradado; a revaloración tanto do patrimonio natural que inclúe a flora maila fauna existente no lugar así como o aumento das zonas verdes dentro do noso concello foron, entre outras cousas máis, o fundamento e creación por parte da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense do denominado parque Angelita Varela, situado na parcela enclavada na zona sur da cidade situada este entre os populosos barrios dos Rosais e Berrocanes.

Foi no mes de abril do ano 2006 cando Enxeñeiro Técnico Agrícola e xefe de servicio de Parques e Xardín do Concello de Ourense, Gonzalo Garacía Gómez elaborou o proxecto de creación deste novo parque público, cun presuposto de orzamento de licitación por un importe de 482942´80 euros. 1.

O novo parque que se atopa integrado no tecido urbano da cidade, se sitúa nunha ampla zona que está a experimentar unha forte expansión urbanística debido fundamentalmente a presencia de dous centros sanitarios, o que permitiu o desenrolo da numerosa edificación en sentido vertical existente ademais da liberación de grandes espacios destinados fundamentalmente a creación de novas zonas verdes.

A parcela no que se asenta o parque, de forma rectangular, ten o seu inicio e final respectivamente, no lado oeste, a carón do Colexio Infantil e de Primaria (CEIP) “Amadeo Rodríguez Barroso, tendo remate no lado leste, concretamente na rotonda cércana a Ramón Puga, transcorrendo paralela ás rúas de Charo Piñeiro e José Antonio Nieves Conde. Ocupa unha superficie total de 15869´40 m2. contendo un total de cinco parterres de herba, dunha superficie que oscila aproximadamente entre os 2049´31m2. do menor e 3443´28 do maior, perfectamente definidos por tres paseos de trazo irregular

O parque se divide en tres zonas: a de xogo, na que se sitúan a área de xogo infantil mailo parque de mobilidade, con aparellos dirixidos a mellorar a saúde dos adultos; a do esparcemento maila ornamental. A de xogo ou “pista” o forma un recinto pechado. A súa base é de formigón impreso, e sobre ela, no lado norte, se erguen tres enfiada de grada que serven de asento ós espectadores. A zona de lecer, a súa vez tamén dividida en tres zonas, dispón de mesas en pedra con bancos de madeira. Por último a zona ornamental periférica, atópase dividida en catro espacios dedicados ó ocio contemplativo e de relax afastándose, deste xeito, das actividades de tipo dinámico ou de gran concorrencia de público.

Pertencente á familia dos perennifolios: Piñeiro manso, Oliveira, Cerquiño, este ultimo incluído na especia dos semiperennifolios, e Nogueira, Salgueiro, Castiñeiro, Carballo e Liquidámbar, dos caducifolios, son algunhas, entre outras diversas, as especies que teñen a súa presencia no parque.



1. Proyecto de creación de Parque Público en el Sector A6. Promotor Concello de Ourense. Ano 2006.

Te puede interesar