Opinión

PARQUE DAS MERCEDES

España foi punto de confluencia tanto das culturas de Oriente como de Occidente. Polos propios avatares da súa historia recibiu a presencia de numerosos pobos, tanto europeos como os provintes de Asia, Persia e África. Este punto de encontro de diferentes culturas se expresa dunha forma orixinal e creativa a traveso da arte do xardín.


Por outra banda, a variada climatoloxía existente nas diversas rexións que compoñen a pel de toro da nosa península permite a presencia de diferentes tipos de plantas, tanto de tipo mediterráneo como atlántico.


Os espazos públicos independentes se clasifican como: xardíns, xardíns históricos, parques, alamedas e prazas, ademais daqueloutros pequenos de carácter máis independente, como o son as illas axardinadas, glorietas ou rotondas, xardineiras, tanto de tipo fixo como móbiles, o aliñado de árbores de entrada ou saída das cidades, sen esquecer aqueloutros de maior tamaño como o constitúen os cemiterios. O primeiro deles se caracteriza pola presencia de elementos ornamentais, preferentemente plantas; se ademais do anterior se complementa con estruturas de fábrica que estimulen o interese e función da súa orixe e pasado, pasan a denominarse como xardíns históricos. Os parques urbanos son lugares de carácter festivo e punto de encontro dos cidadáns. As alamedas foron recintos de celebración de feiras que aínda contan ca presencia dun árbore específico, o álamo, que lle da o nome xenérico ó recinto. Por último, as prazas, como lugares de concorrencia, xeralmente o chan preferido se forma a base de pedra.


O parque das Mercedes, ou tamén denominada praza de Vigo, constitúe unha zona de lecer de pequenas dimensións, xa que a súa superficie total non ocupa mais dos 1.200 metros cadrados, repartidos case exclusivamente entre a fonte monumental -procedente con toda probabilidade do mosteiro benedictino de Santo Estevo de Ribas de Sil- situada no centro, mailo pavimento duro do chan en pedra ca circunda, ademais do espazo correspondente á rúa Arturo Pérez Serantes, a carón do alto muro de separación correspondente ca propia praza das Mercedes. O parque se cataloga na actualidade máis como de praza que como parque, pola perda total de terra do seu chan.


Sobre o ano 2000 este espacio foi remodelado totalmente polo arquitecto ourensán Javier Suances, que tomou como eixe principal do parque a pequena pero artística fonte barroca engadindo a maiores dous canais rectangulares cheos de auga case estática situados a ambos marxes do zona de paso de peóns que comunican a avenida de Bos Aires ca rúa do Paxaro. Por outra banda o discutible empedrado do parque eliminou totalmente a superficie verde do mesmo, limitando a presencia de vexetación do mesmo á única presencia de trinta e seis árbores caducifolios como o plátano de sombra repartidos entre os dous espazos, a distinto nivel, en que se divide o parque.


A parte monumental conta ca presencia dunha escultura en bronce, obra de Manuel Buciños, actualmente desaparecida, colocada no ano 1998 sobre un prisma cuadrangular, paralepípedo. No frontal do monumento recordatorio se lee a seguinte inscrición: 'A cidade de Ourense a J.M. Rey de Viana. 1923-1995. Xuño do 1998', ademais da representación da cabeza dun gaiteiro. Rey de Viana foi un coñecido bailarín galego, o fundador do famoso ballet que leva o seu nome.


Te puede interesar