Opinión

A PONTE ENTRE AS CAMELIAS E O POLVORÍN

O día 13 de marzo do ano 2006 inaugurábase oficialmente unha nova infraestructura viaria tendida sobre o canle do río Barbaña, que uniu definitivamente dous populares barrios ourensáns, moi cercanos entre sí pero, por contra, mal comunicados: As Camelias mailo Polvorín. A nova estructura viaria, iniciada no ano 2003, financiouse mediante un convenio subscrito entre a Consellería de Política Territorial da Xunta mailo propio Concello de Ourense.


A ponte permite unha máis áxil comunicación, tanto de vehículos como de peóns, entre ambas barriadas, ademais de constituír un óptimo lazo de unión para a circulación dos vehículos provintes da zona sudoeste da cidade, ó non ter que utilizar uno dos accesos a Ourense máis saturado polo tráfico, a ponte de Marcelo Macías.


A nova vía de comunicación que une a rúa das Camelias coa de Ponte Codesal, pasando por baixo da ponte de Marcelo Macías, trazada sobre a canle do Barbaña, ademais do paseo peonil que discorre paralelo coa canle do río, alberga un recto sostido por seis vigas de formigón, cunha lonxitude total de 153 metros, por un ancho de 9. O taboleiro se reparte entre dous carrís circulatorios, en ambos sentidos, ó que se suman dúas beirarrúas, ambas protexidas por varandas metálicas situadas nos laterais. A altura da ponte sobre o nivel da canle do río acada uns 7,60 metros. A sustentación do recto taboleiro corre a cargo de dous estivos que conforman un vano seme-rectangular cunha luz de 32,8 metros, ergueito a unha altura de 2,70 metros sobre a calzada que discorre paralela co río.


A seguridade nocturna viaria corre a cargo de 13 luminarias sustentadas por columnas Cannes, modelo 40, tipo ICG, que sosteñen a luminaria na que se aloxa unha lámpada de vapor de sodio dunha potencia de 100 watios.


O importe total da obra supuxo un custo de 374.731 euros.

Te puede interesar