Opinión

Ponte Carreira

As pontes trazadas para salvar obstáculos, pequenos cursos de auga, regatos ou ríos poden adoptar diversas solucións arquitectónicas tanto de tipo construtivo como artístico, chegando a utilizar como medio de sustentación un só vao ou varios deles.

Outro factor a ter en conta neste tipo de construción, ó igual que ocorre co trazado dos camiños, corredoiras ou estradas, se atopa condicionado por diversas circunstancias: factores ou aspectos xeográficos do terreo onde se asenta, carácter histórico, cuestións de orde social ou mesmo de tipo económico, que vencella a súa construción a determinados modelos máis útiles para súa aplicación en cada caso concreto.

Ó longo dos trinta e oito artigos sobre as pontes existentes no Concello de Ourense, asomados integramente no xornal La Región, tentei, ca impagable axuda de moitos profesionais sobre a materia ademais da imprescindible colaboración dos veciños de cada zona, a descrición máis axeitada e veraz sobre estas construcións.

A ponte Carreira sitúase moi preto da confluencia da rúa de Abaixo ca dos Penedos, antigamente denominada do Porteiro, moi preto do etnográfico pobo de Seixalbo, en pleno Camiño de Santiago. Xusto na unión de ámbalas dúas rúas se inicia un sendeiro cara a ponte tendida sobre o río Barbaña, sendo este o paso máis empregado na zona para cruzar o río.

O pontillón, polas súas característica construtivas, é unha obra menor, que reflicte nun certo estilo de carácter culto tal e como se aprecia en sensos tallamares existentes no alicerce do mesmo, situados augas arriba, circunstancia que permite cortar o paso da auga. A obra, totalmente en pedra, a forma unha recta calzada, formada por diversas filas de lousas, de forma rectangular, colocadas paralelamente unhas das outras a uns 1,80 por 0,50 metros, o que permite acadar un lonxitude total de 6 e unha anchura de 2,60. No conta con petríl de protección. A pouca altura da ponte en relación ca canle do río, 2,40 metros, permite unha doada sustentación mediante sendas bases ou cepas formada por diversas pedras, todas elas de bo tamaño, asentadas sobre a propio canle do río, tal e como tento representar modestamente no debuxo que acompaña ó traballo.

Douscentos metros augas arriba se atopa outra ponte medieval construída en cantería. A forma unha longa pasarela sostida por sete ocos, toda ela actualmente moi degradada e abandonada, cuberta totalmente de maleza.

Te puede interesar