Opinión

PONTE DA RÚA DA PRESA

Aconsulta de diferentes e variadas fontes de información na hora de redactar un artigo xornalístico resulta, cando menos, fundamental querendo elaborar un traballo rigoroso; por elo a visita na procura de datos ou información, tanto a arquivos como hemerotecas, resulta de obrigado cumprimento para un correcto desenrolo dun traballo de estas características.


Dende o comezo da publicación da presente serie de artigos descritivos sobre as diferentes pontes existentes no Concello de Ourense publicados no xornal La Región sempre tentei, como meta fundamental, a descrición máis axustada á realidade dos mesmos, non dubidando por elo en acudir na procura de información nas diversas e variadas fontes que existen sobre os mesmos. De igual xeito, a información e orientación, sumado ao asesoramento técnico facilitado xenerosamente, tanto por parte dos construtores e deseñadores destas obras, peritos e enxeñeiros de camiños, sen esquecer os propios veciños de cada zona, foi fundamental para a correcta descrición dos mesmos.


A ponte da rúa da Presa se sitúa sobre o río Barbaña, preto do pobo de Seixalbo, en plena Ruta da Prata, preto do Piñeiral, case no extremo do límite co Concello de San Cibrao das Viñas. A sinxela obra de 'vigas rectas', construída en formigón, se apoia sobre cadanseu estribo, que sosteñen e soportan un recto taboleiro de 14 metros de longo, centrado por cadansúa varanda de protección da vía, á que se suma as dúas beirarrúas, dun ancho de 1,5 e 1,20 metros, ámbalas dúas protexidas por dúas varandas metálicas dun metro de altura.


O ancho total da calzada é de seis metros. O vano da ponte acada unha altura de tres metros en relación ca canle do río.


Moi preto da ponte, augas abaixo, se atopan os restos dunha antiga presa utilizada noutro tempo, con fines industriais, para o desvío da auga do río cara a Finca Sevilla. Tamén á altura coincidente ca traseira do centro comercial Eroski se atopa unha pasarela peonil, de dobre acceso, que comunica ambas marxes do río, convertidas, actualmente, nun excelente e fermoso paseo frecuentado polos amantes da nai natureza.

Te puede interesar