Opinión

Praza Mestre Luís Fernández

Oconcepto tradicional de zona verde, xardín ou espazo de lecer se ve en ocasións alterado por innovacións que ocupan determinados espazos que se saen do habitual. A información que aporta un determinado recinto verde entendese como unha imaxe nun tempo, tendo en conta que o propio recinto debe considerarse como unha obra que experimentará modificacións ó longo do tempo, xa sexa de modo gradual ou permanente. 
Un factor importante a ter en conta o constitúe o material empregado, que debe respectar de xeito preferente o soporte orixinal vexetal converténdose en un elemento vivo produtor de novas vistas, novos espazos, novos sentimentos e emocións, en definitiva, todo elo vencellado co paso lento de cada estación do ano: primavera, verán, outono e inverno, ó que se sumará o propio transcorrer do tempo.


Os xardíns ou espazos públicos de lecer comezaron a existir de xeito consciente como bens comúns creados para o desfrute dos cidadáns, deseñados como unha compensación por parte das autoridades como solución ás malas condicións de salubridade existente nas cidades, sobre todo en tempos pasados. 


O pequeno espazo case rectangular de descanso existente tralo recentemente remodelado edificio da Praza de Abastos número 2, situada no antigo Concello de Canedo, actualmente A Ponte, atopase cinguido polas rúas Ramón y Cajal e Mercado, ocupando unha superficie aproximada duns 895 metros cadrados. 
A ubicación provisional dos praceros do mercado namentres duraron as obras de restauración deteriorou notablemente este pequeno espacio lúdico, felizmente recuperado na actualidade trala recente reforma integral do mesmo acometida polo Concello de Ourense. 


En cinco parterres de herba natural se reparte o escaso arborado: catro plátanos de sombra máis unha alta palmeira, acompañada de tres pequenos rebentos, ademais de exemplares de arbusto perennifolio: buxo O mobiliario conta ca presencia de diversos bancos de madeira acompañados dun pequeno bebedoiro de pulsación manual moi utilizado polos máis cativos. Unha longa pérgola metálica espida de vexetación, sostida por seis columnas de cada lado, percorre o parque no sentido leste-oeste. Un recinto ou parque infantil pechado dotado de modernos elementos de xogo completa a oferta lúdica deste pequeno recinto que conta con tres accesos ó mesmo: dúas escaleiras en pedra e unha pequena rampa. 

Te puede interesar