Opinión

SAN LÁZARO, PARQUE HISTÓRICO

Frecuentemente ocorre que as cousas máis ou menos cércanas a nos sonnos maiormente descoñecidas. Esto é o que acontece en relación co descoñecemento sobre a existencia dos nosos parques e xardíns espallados ó longo e ancho da capital ourensá.


Quen non pasea, descansa nun banco, charla cos amigos, toma o sol ou simplemente sacia a súa sede nalgunha das fontes existentes nos mesmos?


A capital ourensá endexamais contou con espazos suficientes dedicados ó esparexemento mailo lecer dos seus habitantes. Boa proba o constitúe a adquisición por parte do Concello, no ano 1616, dunha viña situada no Xardín do Posío, para campo común e envellecemento da cidade.


Do actual terreo ocupado polo parque de San Lázaro existen referencias documentais xa dende o século XII; así se confirma a existencia dun cativo hospital e capela adxunta de 'malatos' leprosos, situada nos terreos que ocupa actualmente o colexio público de Curros Enríquez, que durou ata o ano 1861.


Entre os anos 1865-66 se iniciou a construcción dunha terceira capela, nos terreos do parque de san Lázaro, cinguida de viñedos, obra do arquitecto José A. Queralt, posteriormente trasladada, no 1929, ó barrio de Peliquín, onde sería reconstruída no ano 1983. Corenta anos mais tarde, cando apenas se insinuaban cara ao futuro parque de San Lázaro as casas da cidade, naquel primeiro campo, logo horta e posteriormente recinto feiral, coas árbores impregnadas do cheiro do gando, neste mesmo lugar, o seu centro veríase engaiolado ca colocación dunha fonte-pía, presidida por un mutilado árbore pétreo provinte dunha das fontes traída do 'Escorial galego', Santa María A Real de Oseira.


Variadas foron as vicisitudes polas que pasou o parque ata adquirir a súa fisionomía actual. Así, no ano 1963 se deu remate ós traballos de acondicionamento do parque co cerramento a base dun parterre que cinguía a totalidade do estanque co obxecto de evitar cos nenos o lixasen como ocorría de arreo. No ano 1967 se engadiu un motor eléctrico á fonte que permitiu erguer a auga a grande altura, mediante o emprego de tobeiras, asemade de dotala de puntos luminosos acuáticos que permitían e permite un vistoso e lucido efecto auga-luz, sobre todo o escurecer. Pero será definitivamente no 1983 cando se acomete de xeito integral a reforma deste emblemático parque ourensán. A fonte do mesmo xeito cos árbores centenarios existentes no recinto foron o punto de referencia para o inicio da obra que, tralo seu remate, permitiu acadar a sensación dunha maior amplitude. A fonte ergueuse con respecto o chan, e ademais se rodeou dun paseo circular en pedra, con asentos de granito, dando peche á mesma un alto claustro vexetal en forma de grandes arcos a base de cipressus sempervivens, actualmente substituídos por exemplares de arbustos perennifolios: acivro, pistóporo do Xapón e hebe tapiaria.


Na actualidade, o parque, dunha superficie total de 6.887 metros cadrados, se atopa dividido nun total de doce parterres que serven de asento ás diversas especies distribuídas ó longo e ancho do amplo espazo, como acontece cos altos e grosos plátanos de sombra, os castiñeiros de Indias e ulmeiros, ademais de exemplares de especies trepadoiras como o xasmín, sen esquecer os dous espazos dedicados a areeiros, utilizados polos máis cativos; as zonas de paso pavimentadas en pedra, os espazos cubertos de céspede; os arretes, maila propia superficie empedrada en trono a fonte.


A parte monumental conta ca presenza dunha grande escultura en pedra en homenaxe os caídos na Guerra Civil, erixido no ano 1951, obra do coñecido escultor Asorey, ademais da representación en ferro do personaxe coñecido popularmente como 'O Carrabouxo'.

Te puede interesar