Opinión

VIADUCTO SOBRE O REGATO DOS MUÍÑOS

OPlan de Accesos a Galicia, creado no ano 1969 polo Goberno de Madrid, supuxo para a nosa comunidade unha mellor comunicación viaria, máis áxil e segura ca meseta, ó eliminar parte do antigo trazado no seu paso pola provincia ourensá.


A ponte sobre o Miño, coñecida popularmente como Novísima, conxuntamente co viaducto trazado sobre o regato dos Muíños, afluente do río Barbaña, situado a carón do centro comercial Carrefour, foron dúas das achegas máis relevantes deste plan cara o acceso ou saída da cidade das Burgas, sobre todo esta última, pola envergadura da obra ó ter que superar o alto desnivel existente nesta zona tan cércana á capital ourensá.


O viaducto que comunica os dous tramos da estrada N-525, trazado sobre o camiño coñecido como dos Ponxos, se atopa situado no punto quilométrico 235,803.


O longo e recto taboleiro, de perfil lonxitudinal en pendente, ergueito sobre unha cota de 138 metros, dispón dun ancho total na plataforma circulatoria de 11 metros, a súa vez dividida en dous carrís circulatorios, en ambos sentidos, máis sendas beiravías. A sustentación corre a cargo de sete vanos de entre 31,5 e 192,5 metros, apoiados sobre parellas de piares circulares, de sección constante rematados en zapatas corridas rectangulares, cunha luz máxima e mínima comprendida entre 30 e 29 metros. A lonxitude total da ponte é de 231 metros, sendo a altura máxima dos estribos de 2 e 19 metros con respecto ás pías. A altura total da luz alcanza os 220 metros, sendo a tipoloxía da ponte considerada como de tramos isostáticos.


O alumeado de seguridade viaria componse de diversos báculos, de 10 metros de altura, que soportan unha luminaria de vapor de sodio, dunha potencia de 250 W., traballando a unha tensión comprendida entre os 220/230 voltios.

Te puede interesar