Opinión

Visita polo reino da auga

Describir Ourense maila súa provincia supón o saber disfrutar dos seus múltiples paisaxes, coñecer os seus monumentos, recursos naturais, gozar do trato da súa xente, degustar a gastronomía, en definitiva apreciar todo aquelo que agocha a nosa Galicia interior. A provincia de Ourense se divide turisticamente en dez grandes zonas que permiten ó visitante un percorrido variado no que se mestura todo tipo de reclamos turísticos. A nosa provincia é a única das catro galegas que non ten mar; nembargantes polos seus balnearios termais ó que se suman os abundantes encoros a converten nunha das arterias principais de atracción turística ó que se suman as diversas rutas que permite dar a coñecer os innumerables atractivos naturais con que conta: natureza en estado vivo perfectamente combinado cas costumes e bo facer dos seus habitantes.


Ourense monumental dispón de importantes arquitecturas tanto civís como relixiosas de variados estilos todas elas espalladas tanto ó longo como o ancho de toda a nosa provincia; de aquí o honroso e discutible título da vana gloria de ser a rexión de España que conta con máis monumentos despois de Palencia. 
A oferta gastronómica é inmensa sendo importantes as degustacións populares ó longo de todo o ano mediante a promoción dos diversos productos existentes en cada zona, todos eles regados magnificamente pola calidade dos caldos encadrados dentro das catro denominacións de orixe existentes: Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. A artesanía popular, outro elemento turístico atraínte, conxuntada ca abundancia tanto de festas como de romarías populares constitúe un excelente medio de exposición da abundante riqueza cultural como etnográfica da nosa terra á que se suma a grande proliferación de romarías relixiosas.

Por último a Vía da Prata, Camiño Mozárabe o tamén denominado Portugués constitúe toda unha experiencia para todo camiñante que sabe apreciar a grandiosidade da nosa paisaxe, ó que acompaña a xenerosidade da xente, sen esquecer por outra banda a beleza dos abondosos monumentos que saen de continuo a cada paso. 
Benvido visitante á nosa provincia. Descansa, disfruta e admire de todo canto paseemos e, por favor, unha vez de volta á súa terra, sé o mellor pregoeiro das excelencia de Ourense maila súa provincia.

No subsolo da Rúa Vilar durme Roma

Son o entorno das augas termais das Burgas, a praza Maior, o Museo Arqueolóxico maila cercana Catedral de San Martiño as mellores estampas turísticas dos abundantes monumentos existentes repartidos tanto na cidade de Ourense como na provincia sen esquecer aqueloutros que teñen por solar a parte vella da cidade os que, sen acadar a notoriedade dos anteriores, non deben de permanecer no anonimato sobre todo dende a loable labor restauradora levada a cabo baixo a protección do Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello. 
Este peculiar e imaxinario percorrido ten o seu inicio na popular e coñecida rúa do Vilar, unha das mais antigas da cidade; baixo o seu chan se atoparon diversas moedas romanas, unha cloaca así como diferentes pezas arqueolóxicas pertencentes ó período da romanización en España ademais de restos de sepulturas da mesma época atopadas no patio (Pompeo) do Instituto Ramón Otero Pedrayo. Dende a pequena praza do Rastro e a traveso da portada do desaparecido Hospital de San Roque, situado na Alameda do Concello se accede a ex abadía da Trinidade.

Un pouco máis adiante, na rúa que leva o nome do ilustre agostiño, oriundo das cercanas terras de Casdemiro, Benito Jerónimo Feijoo, atópase o primeiro instituto con que contou a cidade de xeito estable, o Otero Pedrayo. O Posío, antigo recinto feiral, é unha das máis importantes zonas verdes con que conta a cidade. Naceu a consecuencia dunha ordenanza municipal de mediados do século XIX. Moi preto, no cruzamento entre as rúas Julio Prieto e Fernández Oxea se atopa, para todo bo observador, os restos dunha das dezanove portas medievais que tivo a cidade: a “Porta Da Aira”


Saco Arce se pasea pola Rúa Monterrei
 

Dende o xardín do Posío pronto se achega á praza de San Cosme e Damián nela ten o seu asento a capela dos santos “mencilleiros” unha pequena construcción relixiosa datada no século XVI. No seu interior se expón, de xeito permanente, o popular e coñecido belén de Arturo Baltar, un auténtico retablo expositor da provincia no que se reflexa diversos monumentos singulares ademais de persoaxes curiosos ourensáns ademais de recrear determinados espacios tradicionais moi vencellados co noso entorno rural: panaderías, muíños, alfares,petos cruceiros, adegas, pontes e un longo etc. 


A veciña rúa de Hernán Cortes  foi asento de importantes e vellas construccións medievais algunhas delas conservadas na actualidade como a casa dos “Cardóniga” singular edificio do século XVI que luce  aínda na actualidade a súa portada orixinal. Son asimesmo interesantes as construccións situadas respectivamente nas prazas do Turco e San Marcial. A coñecida como Torre dos Brancos, sede actual do Arquivo Histórico Provincial é unha das sete torres con que contou este importante complexo defensivo propiedade do bispo. Na esquina da praza de San Quintín, de xeito concreto na rúa Monterrei número 6, se conserva en estado de ruína o vello caserón dos Gullón no que, no ano 1850, estivo instalado a vedraña sociedade o Liceo de Ourense. Moi preto da anterior atópase unha das casas máis decorada heraldicamente da cidade, construída no ano 1882, que foi propiedade do autor da primeira Gramática Galega, Juan Antonio Saco y Arce. 
 

Do arquivo histórico á praza do ferro
 

Praza do Trigo, “das Olas” ou da Fonte Nova son algúns dos múltiples nomes con que se designou esta singular praza ó longo dos séculos da súa existencia. Destacan nela dous edificios principais; o primeiro situado fronte da fonte datado no século XIX, actualmente ocupado por diversas oficinas do concello. Ó seu carón está unha edificación con claro aspecto de pazo rural. 


O nome xenérico de rúa da Obra, actual Lepanto, provén da Idade Media por ser o “obradoiro” onde traballaban os canteiros na construcción da catedral. Nela se sitúa unha serie de edificacións que conservan na fachada o blasón nobiliarios dos seus antigos moradores. A fonte barroca provinte do mosteiro benedictino de Santo Estevo de Ribas do Sil, con toda a súa beleza, preside esta popular e céntrica praza. Neste recinto, no pasado, se celebraba o tradicional mercado de útiles de labranza e quincalla a cargo fundamentalmente de mercaderes tanto asturianos como maragatos. 
 

Te puede interesar