Opinión

O segredo do éxito literario

Edmund Le Matrie é un prenovelista ?entre outras facetas? que mereceu hai tres anos a atención de The New York Review of Books. Non lle explicarei qué transcendencia ten iso. Imaxínea. A revista reaccionaba fronte a unha entrevista nun xornal californiano de difusión medio baixa, na que Le Matrie esbozara unha teoría sobre a creación literaria, inaudita e audaz, que merecía ter sitio nas súas páxinas. The New York Review of Books non entrevistaba senón a autores con obra publicada, pero naquel caso modificou excepcional e temporalmente a norma, para facer sitio a un preescritor. Antes ou despois, a novela chegaría.


Mestura de antepasados franceses con antecedentes norteamericanos, este doutor en Psicoloxía clínica pola Universidade de Columbia, nado no ano 1975, aseguraba que o éxito comercial dunha novela, sobre cuxo misterio os críticos, pero tamén os editores ou os propios escritores levaban décadas, séculos debatendo, explicábase sobre a satisfacción dunha fórmula. No senso que hai unha fórmula para procurar a lonxitude dunha circunferencia, segundo el existe unha expresión alxébrica para acadar o éxito literario. A seguinte pregunta é fácil de imaxinar: como? Le Matrie, obviamente, nunca contestaría a iso. Se o fixera, a continuación tería que matar ao xornalista. Pero como non se podía pasar por The New York Review of Books e deixar ao mundo coa idea de que era xilipollas, aportou, xa que non a fórmula, cando menos os elementos que a enxendraron. Tas unha análise psicolingüística de centenares de bestsellers, e de experimentos con ducias de lectores, verificara que o interese de millóns de persoas por eses libros explicábase sobre a combinación de composicións gramaticais e semánticas que excitaban os mesmos circuítos cerebrais de pracer que son estimulados pola cocaína.


A realidade, sinalaba citando a Rilke, é unha cousa afastada que se achega con infinita lentitude ao que ten paciencia. Non importa a historia, nin os personaxes, nin os puntos de vista, nin o ritmo, nin os planos narrativos, senón que o relato estimule, baixo o nivel tímbrico de certas estruturas lingüísticas, o sistema neuronal do lector. Le Matrie cerraba a entrevista adiantando que a finais de 2010 estaría no mercado esa novela científica coa que ía rachar todos os rexistros de vendas.

Te puede interesar