Opinión

Servir ós demáis

Nos tempos que corren, optar polo camiño de traballar para servir ós demais resulta case algo raro e novidoso. Por eso, as persoas que o fan semella que están ubicadas fora do mundo terrenal ou movidas por intereses distintos ós que temos a grande maioría dos humanos. Vivimos nunha sociedade na que as vocacións e ter sensibilidade sobre as cuestións sociais e de dedicación ós mais necesitados son tan escasas que mesmo quen escolle esta opción aparece ante os ollos da sociedade como un ser dunha pasta especial. A idolatría polo diñeiro está tan dentro nas nosas mentes que non nos permite ver outras realidades onde a pobreza campa como algo aceptado e normal. Por iso, topar cos seres que se lanzan á aventura de camiñar por mundos distintos e moi distantes xeográficamente o noso, para adicarlle o seu tempo ós que viven na pobreza, resulta raro pero digno de mención.

O venres 14 do mes que andamos, a Directiva de Agromadas fallou o premio Freire Carril 2014, distinción creada para honrar a aquelas persoas e entidades que se adican a traballar polo común nas divesas facetas da vida, sobor de todo na nosa terra. Nesta ocasión o galardón caeu na figura dunha persoa humilde á que vimos nacer en Seixalbo; unha persoa coa que compartimos escola e xogos na rúa; un veciño dos tempos da primaria que decidiu, por vocación, adicarse a servir ós demais, e neste caso, fixo e seguirao facendo en terras do Brasil, concretamente no Estado do Pará.

Adolfo Zon Pereira naceu en Seixalbo na década dos cincuenta do século pasado. Ingresou no Seminario de Ourense, onde cursou estudios que logo rematou fora de España. A súa admiración polos misioneros levouno a contactar cos Javierianos. Dende hai moitos anos realiza, en terras da Amazonía, unha laboura social que vai moito mái alá da misión espiritual. Adolfo é o que axuda e anima a crear escolas, reivindica melloras nas infraestructuras, colaboras coas familias en moitas cuestións da vida ordinaria, etc. Por iso resulta ser unha persoa moi querida alen do Atlántico.

Adolfo Zon Pereira, que agora anda polos cincuenta, é un mozo que dende moi novo soupo que a súa vocación era loitar polos dereitos dos demais, e dende a perspectiva da relixión cristiá, fuxindo de ser un cura asentado nunha parroquia nesta terra, decidiu abrirse ó mundo e dar o mellor de sí para todos aqueles que máis o necesitan.

Todo un exemplo que, a luz dos tempos que vivimos, conseguiu a admiración de moitos veciños e cidadáns sensibles coas carencias e aspiracións de melloras dos máis desfavorecidos. Noraboa, amigo Adolfo. En Seixalbo querémoste.

Te puede interesar