Opinión

Non chores Arxentina

Os que somos vellos –o de terceira idade é un eufemismo-, recordamos a Juan D. Perón e a súa dona Evita. Arxentina estivo cáseque toda a súa historia recente en mans de militares. Sufriu unha dictadura despreciable, onde os militares asesinaron a milleiros de cidadáns polo simple feito de pedir liberdade. Metíanos en avións e botábanos ao mar desde nove ou dez mil metros de altura. Uns tiranos despreciables que comulgaban como “santiños”, pois estaban liberando a Arxentina de marxistas e comunistas (segundo eles), como se defender os dereitos humanos e os sociais fora un delito.

O peronismo, segundo nos contaban as anosas xentes que alí emigraron e voltaron con algúns cartiños, era que a señora Evita entrara nun comercio ou nun supermercado, e cos seus matóns se levara calquera cousa sen pagar un centavo para repartila nos barrios onde vivían os desheredados da fortuna e regalala coma se foran caramelos. Esa era a política “social” de Evita.

Inda que como hai que ser obxectivos, Perón axudou a Franco mandando fariña pra que comeramos algo de pan branco, cando eiquí estaba racionado. E iso moveu a Evita Perón a viaxar ás Españas e ser recibida por multitudes ben aleccionadas polo réxime. E contábase aquel chiste cando ela estaba por eiquí, que Perón mandoulle un telegrama que dicía: “Evita besos y abrazos”. Pois ela repartíaos a esgalla.

Agora acaba de gañar as aleccións o centro dereita cos socialdemócratas que lidera Mauricio Macri, que as primeira medida que quere tomar é excluir de Mercosur á Venezuela, que Maduro, un chófer de autobús por máis títulos, levou á ruina total apoiado polos irmáns Castro, os libertadores de Cuba que a cambio de petróleo lle mandan soldados, mestres e médicos, algúns dos cales fuxen cando poden aos EEUU ou onde sexa. Dicía que Macri quere excluir a Venezuela de Mercosur. Algo parecido ao que eiquí é a Unión Europea. Boa medida, a ver se se van contaxiando outros países de Hispanoamérica e Venezuela, que ten unha inflacción dun 100%, levanta a cabeza e xulga a Maduro como se fixo cos militares arxentinos da dictadura sen sentido. Ningunha o ten, por suposto.

Agardaremos a ollar o que pasa, que difícil o ten Macri coa mafia incrustada en poderes do Estado: “No llores por mi, Argentina”… ¡Ogallá!

PD: O “iluminado” Artur Mas ao parecer gastou en cinco anos 3.600 millóns de euros na súa deriva soberanista, mentres as farmacias reclámanlle o moito que lles debe. O dito: “España nos roba”!

Te puede interesar