Opinión

P PORCO DE PÉ

O sempre lembrado e ben querido amigo, Don Vicente Risco, publicou unha novela que foi impresa na Coruña no 1928. Tivo, por certo, moito éxito, como todo o seu. Mais agora habería que escreber outra -novela senón historia, para agradar ás nosas xentes alí emigradas- historia co mesmo título, que como digo tería moitos éxitos nos emigrantes a Venezuela.


Aquela Venezuela dos anos cincoenta a onde foron moreas de ourensáns, e de toda a nosa Galicia, de Canarias... Porque o dictador venezolano Hugo Chávez, merecería ese título da novela de Don Vicente Risco. Chávez pechou emisoras de radio, de televisión, xornais..., cargouse a liberdade de comunicación e fíxose amigo de Fidel Castro e do seu irmán Raúl ¡Vaia amistades que se botou iste impresentable personaxe!

Arruinou ao país, e moitos dos nosos paisanos perderon o que perante anos gañaron co sudor da súa fronte ¡Calquera lle fala aos nosos paisanos diste personaxe!, que tamén é amigo do que manda en Irán que está a fabricar bombas nucleares.

O Porco de pé tivo moito éxito, non somentes pola trama de novela, que tamén, senón polo autor da mesma, o noso sempre lembrado e ben querido Don Vicente Risco, que , como se sumou ó Alzamento do 36, estivo proscripto pola intelectualidade galega, que non lle veu ao seu enterro en Allariz naquela primavera en que Deus levouno para o seu carón.


Quen esto firma, tivo relación con Don Vicente, e lembro unha entrevista na súa mesa camilla na rúa de Sto. Domingo. Pois ao estar preparando a Semana Cultural de Orfeón “Unión Orensana”, eu comenteille a D. Ramón Otero Pedrayo. “Don Ramón, ¿que lle parece se invito a Don Vicente a dar unha conferencia no Orfeón?”, pois pola súa mediación había vido a Ourense tódolos persoeiros de “galeguismo do interior”, como así se lles chamaba aos que ao carón da Revista Galaxia mantiñan o lume do galeguismo na “longa noite de pedra”.


Don Ramón miroume con aquelles penetrantes ollos perante uns segundos, e espetoume: “¡Ah! O Vicente. Pois invíteo”. E fun como xa dixen á súa casa e díxome: “¿Qué lle trae por eiquí, amigo Rego?”. “Pois que quería -resposteille- que viñera a dar unha conferencia ao Orfeón”. E Don Vicente tardou como medio minuto para me respostar, e dixo: “¡Ah! O Orfeón, onde eu xa tiña que haber falado”. Eu calei e Don Vicente deu unha conferencia longa con un encerado e aquela carraspeira, entre unhas frases e outras.


E xa remato. Agora haber si alguén con mellor pluma que quen esto eriba firma, lle fai unha biografía a Hugo Chávez, co título da novela de Don Vicente: “O porco de pé”.

Te puede interesar