Opinión

Opina a raíña

Sofía no novo volume haxiográfico que lle preparou Pilar Urbano. E non debería opinar porque o discurso oficial era que a monarquía se caracterizaba pola súa discreción, prudencia, sacrificio, etc. E opinar de temas políticos, que atinxen ás institucións representativas, estalles vedado por principio. É previsible que a raíña sexa moi conservadora, estea en contra da eutanasia e do aborto ou a favor da relixión nas escolas. Pero tales temas están a debate en foro parlamentario. Moito máis grave aínda é pronunciarse contra a lei do matrimonio homosexual, que está recorrida no Tribunal Constitucional por un partido político. O máis simpático do libro é comprobar a falta de empatía dos monarcas con Aznar, a quen lle reprocha a súa ‘expresión tan seria’ fronte ás gabanzas que merecen Felipe González, Alfonso Guerra ou Zapatero. Si, temos unha raíña conservadora, pero orixinal.


Te puede interesar