Opinión

Pan por pan


Mozos e mozas. No estudo que citei onte neste recuncho fálase das aptitudes dos rapaces e rapazas no rendemento escolar: as mozas, en Primaria e ESO, obteñen mellores puntuación que os nenos, agás en Matemáticas e Física e elas van por diante en Lingua Castelá. Esta realidade é ben coñecida polos profesores: hai, por suposto, mozos de magnífico curriculum, pero tamén cursos onde son elas quen levan o temón. Velaí os premios de Bacharelato destes anos. E a feminización de moitas carreiras. Esoutro día, cando dei unha charla nun colexio ourensán, o seu director confirmaba esta tese: ‘O mundo futuro é delas. Sen volta’. Que pasa cos mozos? Menos motivación, menos capacidade de concentración, etc. Se lle sumamos o esterotipo de adolescente home no cine americano e nas series de TV, imos apañados: infantilizados, parvalláns, obsesos co sexo, etc. Algo terán que facer para espabilar, digo eu.



Te puede interesar