Opinión

PAN POR PAN

Novela negra (1).


A Asociación Galega de Saúde Mental celebra cada ano, no Pazo de Trasalba, unhas Xornadas de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura, con temas diversos, sempre interesantes. A edición número XVII tivo lugar en maio do 2007 e agora publícanse as actas, que me fai chegar o amigo e organizador Santiago Lamas. De que se falou alí? Vóullelo contar. Gonzalo Martínez Sande deu unha charla sobre ‘Las prótesis del héroe’: un percorrido polos clásicos do xénero, de Hammet e Chandler a Jim Thompson ou Chester Himes, cunha esculca das ‘próteses’ que definiron ós seus principais personaxes. O alcoholismo, a marxinalidade, a devastación que produce o contacto co mal, son algunhas das constantes clásicas do xénero. Porque unha boa novela negra, di Martínez Sande, sempre vai máis aló dun argumento criminal: en realidade investiga e conta como é toda unha sociedade.

Te puede interesar