Opinión

PAN POR PAN

Novela negra. A novela negra continúa a antiga epopea adaptada ás estruturas mentais do mundo moderno. Os seus ancestros remotos serían Ulises e Lancelot: así comezou Bieito Iglesias no 2007 a súa charla nas xornadas sobre novela negra e saúde mental, recollidas en libro pola AGSM. O escritor ourensán encontra nas claves do xénero, ademais da soidade do heroe, o papel da cidade protagonista, unha cidade neboenta ou noitébrega onde ademais se editan xornais, pois non hai historia sen páxinas de sucesos. Filla dun tempo de positivismo científico e racionalismo, a Novela Negra ten hoxe unha liña dominante nos relatos de psicópatas: tales serían as consecuencias dun Occidente hipocondríaco e da sociedade do espectáculo que banaliza a violencia. ‘Máis que novela de evasión, que permitiría fuxir da vida real, axúdalle ao lector a recoñecer a súa prisión, conclúe o Bieito’.

Te puede interesar