Opinión

PAN POR PAN

Medo ós caraveis. Carlos Arias Navarro, derradeiro xefe de goberno de Franco, quixo declararlle a guerra a Portugal e consultaba cos Estados Unidos, para gañar puntos. Contábao onte un xornal a partir de documentos do Departamento de Estado. Os caraveis, un soño de esperanza do outro lado da fronteira, asustaron ó réxime franquista, temeroso do contaxio democrático, que reaccionou con chulería: ‘España estaría disposta a librar o combate anticomunista, a soias se fose necesario’, dicía Arias. E pensaría: para iso gañamos a guerra. As mensaxes de Arias Navarro na primavera de 1975 son tamén pregos cara EE.UU. para que Kissinger facilitase o ingreso de España na OTAN. Ós poucos meses un Arias espectral enchía as pantallas da TV para comunicar entre bágoas a morte do ditador: un documento único, patético (está en youtube) dun mundo lúgubre que se despedía asinando penas de morte.

Te puede interesar