Opinión

PAN POR PAN

Cambiará o mundo? Se as enquisas non fracasaron, EE.UU. hoxe é un país asolagado na voráxine do cambio, cun presidente negro. Se o cambio se confirmou, non foi doado: detrás está a excelente campaña de Obama, a crise económica, o aborrecemento das políticas neoconservadoras de Bush, o apoio masivo dos principais xornais ó candidato demócrata e as esperanzas que ergueu en Europa e no mundo. Que vai pasar agora? Cambiará de verdade o mundo? Di Carlos Reigosa que o brillante discurso de Obama non concreta nin se sitúa con claridade ante case nada: ‘quizais vai gañar precisamente por iso; porque cada un pode imaxinar o Obama que el queira, sen que el o desminta nunca’. Esa ambigüidade é inevitable cando se precisa arrincar votos de todas partes. Pero o líder demócrata ten que ser consciente de que leva tras súa un inxente caudal de votos polo cambio que non pode nin debe desprezar.

Te puede interesar