Opinión

PAN POR PAN

Acoso comercial. Debátese nos faladoiros de TV sobre a multiplicación como fungos de cámaras de vixilancia nas rúas. Vixiados polo Gran Irmán, oxalá puidésemos estar tranquilos na casa. Pero nin iso. Aí están vendedores e comerciais a importunarnos de cotío con seguros, telefonía ou servizos bancarios. Eu xa hai tempo que decidín ser maleducado con esta nova forma de acoso á nosa intimidade e contesto cun simple ‘Non me interesa’ que bloquea calquera posible diálogo. Porque tamén é mala educación que te chamen da mesma empresa varios días seguidos co pretexto de que son servizos arrendados e cada un deles chama pola súa conta. Hai uns días chamou un comercial dun banco que parecía saber máis da miña economía ca min. E dábame consellos para gastar os cartos, reformando a casa ou cambiando de coche. A min tamén me pareceu outro maleducado.

Te puede interesar